Chiste de Esteban, en La Razón. Non procede usa-la lingua como arma ideolóxica. No País Vasco poden cambia-las cousas se ZP quer na medida na que o PP apoiaría a Patxi López como lendakari.
Chiste de martínmorales, ABC. "Confiemos que o Goberno español o condene por ser ter cargado o local onde nos pasabamos polo forro dos pantalós todo o español", comentan dous etarras. Outra situación que podería cambiar cunha policía máis "libre". Mingote, no ABC. A Patronal, os Sindicatos, o Executivo, o Persoal pergúntanse sobre a situación, cómo se pode arranxa-lo asunto, pero, sobre todo, quén foi o causante da situación creada.
martínmorales. ABC. Corruptos de dereitas e de esquerdas. O que importa é que a Xusticia traballe con independencia e que nadie vaia á Política como medio de ingreso, como comecartos.
Chiste de martínmorales, ABC. "Confiemos que o Goberno español o condene por ser ter cargado o local onde nos pasabamos polo forro dos pantalós todo o español", comentan dous etarras. Outra situación que podería cambiar cunha policía máis "libre". Mingote, no ABC. A Patronal, os Sindicatos, o Executivo, o Persoal pergúntanse sobre a situación, cómo se pode arranxa-lo asunto, pero, sobre todo, quén foi o causante da situación creada.
martínmorales. ABC. Corruptos de dereitas e de esquerdas. O que importa é que a Xusticia traballe con independencia e que nadie vaia á Política como medio de ingreso, como comecartos.
Esteban, en La Razón. A inmoralidade sindical subvencionada que, agora sí, pode comezar a armare bulla, porque tamén foron perdedores nas elecciós do 1M.
Foto de tres persoaxes do BNG demostrativa dun certo patetismo. Pasou xa o soufflé da "marea negra", o seu urbanismo xa non vende máis alá dunha certa política clientelar forxadora de ruínas como é o caso dramático de Pontevedra. Que tome nota agora o PSOE da súa caída de cinco puntos na provincia por teren apoiado ós nazionalitaristas. Acabouse tamén, esperémolo así, a experiencia das galeskolas pra imprantaren unha fala inventada, a das normas da deriva do que chaman o "galegués dos galizos".
-
-
Pontevedra, 2.03.2009
-
Entrada n. 866 do blog
-
POR UN CAMBIO REAL,
por Xesús López Fernández
-
Sinto un certo alivio porque a situación facíase insoportable. A sociedade galega reaccionou e a votación da emigración, incluso a dos mortos na emigración, non debe xa cambia-los resultados. ¿Por qué, volvemos perguntare, poden votar nas autonómicas os emigrantes e non en cambio os residentes en cidades españolas non galegas, como acontece cos vascos, varios centos de miles, que tiveron que fuxir do seu país en contra da súa vontade?
-
O nacionalismo pode entrare en horas baixas que, no caso de Galicia, van marcare unha clara involución, perda de protagonismo, etc. Confiemos nunha clara pedagoxía restauradora do nome do país, agora que desaparecen as "consellarías da Vicepresidenza" e que todas van seren, de novo, consellerías.
-
Alberto Núñez Feijóo ten diante súa un traballo enorme, pode que incluso ilusionante, pero difícil, porque nalgunhas instituciós van segui-los comisarios políticos que forxaron a creación do "monstruo idiomático do galegués" embuchado por unha RAG que debe ser privada xa de toda autoridade, porque as Academias non poden inventare idiomas, só notarialos, como fai a Española. E lembremos que os ingleses non teñen Academia. Acabemos xa cos correctores ortográficos do "galegués". Se queremos defende-la nosa lingua real.
-
En relación co dito no parágrafo anterior, sería bo acabare coa Lei de Normalización Lingüística, liquidar dunha puñetera vez a Mesa pola Normalización controlada polos estalinistas que agora andan tristes. E que non volvan, por favor, si se quer salva-lo idioma, a fala da oralidade, como xa queda dito.
-
Galicia Bilingüe marcoulle o camiño ó PP; como a propia UPD que non acadou nengún escano, que sería un bo revulsivo pra poñere en marcha algunhas decisiós que Núñez Feijóo terá de adoutar. Temo que falte decisión.
-
Os luxos saíronlle caros a Touriño e xa Núñez Feijóo manifestou a súa idea de vende-lo coche fantástico do anterior presidente, como tamén dixo que usaría un Citröen como coche oficial. Ben.
-
E agora, fora xa do tempo das promesas, que faga boa a súa de suprimi-lo Imposto Sucesorio, algo que só beneficios sociales vai aportar a esta terra que ten unhas 2000 aldeas abandonadas. Deberíase producire un retorno clamoroso á terra.
-
Pero houbo algo nos discursos de Feixóo que non me gustou: a referencia a unha proposta de cando o PP gobernaba na Xunta antes do bipartito, na que chegou falare do posible desenvolvemento ó longo do litoral galego dunha "cidade lineal". Un disparate. E aí, onde o PP manchouse coas granxas de rodaballos e outras, que promoveu o destrozo d´espacios da Rede Natura, ten agora que rectifica-lo seu discurso ecoloxista, que nunca existeu. Lembremos que, ademáis do escándalo de Villa PSOE na Illa d´Arousa, outros escándalos de persoeiros do PP están sentenciados dende hai tempo. E un discurso de cambio, se non-o é tamén de rexeneración, non sirve pra nada.
-
A demostración do bipartito, o cambio polos socios predicado, sabemos que non foi outra cousa qu´un cambio a peor. E mellor que se xubilen. Pode o Quintana seguir coa súa prédica e intento de lle cambia-lo nome a Galicia, pero terá comprobado que por esa vía nada de nada. As súas traiciós pactando con ZP tamén lle pasaron factura, está claro. E parece que, desta volta e pra que ZP non dependa deles en Madrid, nen do PNV, pódese abrire un novo futuro de esperanza por medio de consensos a nivel de Estado antre o PP e o PSOE. Que pacten por unha Xusticia como poder independente. Esa sería a verdadeira rexeneración.
-
Confío en que a Plataforma das Clases Medias e os colectivos prá defensa do idioma común ou que se opoñen á Educación prá Cidadanía, han seguir traballando. O medio ambiente precisa tamén dunha presión social amplia, porque pola vía das infraestructuras en fase de realización ou a incapacidade pra acometere un saneamento real urbán, estamos a expoliare máis e máis o país. E remoto este post cun recado oído na misa de onte pola tarde, en San Francisco de Pontevedra. Acababa de votar. Pois ben, antre as diversas preces leídas despois do Evanxelio oín unha expresada así, ou de forma parecida: Pidamos polas ONGs e outras asociaciós que traballan pola defensa do medio ambiente, pra que non cesen na súa denuncia ante as autoriedades, na súa demanda do comprimento da Lei. Bonito. ¿Verdade que sí?.
-
A ver si agora temos outro PP --¿?--. E que non volvan con Ence, que xa está fóra de tempo. Eso, nunca máis. Que fagan ben as cousas, que pra facelas mal tamén estiveron estos catro anos o BNG e o PSOE.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario