viernes, 27 de marzo de 2009

PARALIZAN UN PARQUE EÓLICO

Presa fácil prós cazadores, o macho da pita do monte conxestíonase cando en celo chama pola femia. O dito, un tiro ó blanco fácil, unha doada diana. (Foto de La Razón)
-
Pontevedra, 27.03.2009

Entrada n. 891 do blog

UN PARQUE EÓLICO PARALIZADO,
por Xesús López Fernández
-
Non está lonxe a sentencia dun xués cántabro dictada en contra da construcción dun parque eólico en zona de urogalos. Estas aves, como acontece cos avutres leonados en Navarra, serían carnaza fácil prós virandelos. Desconocemos se as concesiós outorgadas polo BNG de xeito unilateral contemplaban nalgún caso a posibilidade de impacto negativo paisaxístico ou ecolóxico. Dende SOS Caurel denunciaron no seu día as concesiós da consellería do Bloque, o drama deseñado prá súa serra. I é que, non lonxe daquel espacio hai pesencia destas aves, que debe aumentar a pouco que se respete a floresta. Non digo donde.
-
A Axencia Efe dou con esta mesma data unha nova noticia sobre exclusión de virandelos, de paralización dun proiecto de parque eólico que estaba a ser construído nos municipios de Quintana del Castillo e Valdesamario, na provincia de León, onde ten o seu nicho ecolóxico a colonia de pitas do monte máis sureña d´Europa.
-
A organización conservacionista SEO-Birdlife, apoiada por Gedemol, outra organización defensora dos ecosistemas montañosos leoneses, puxo en marcha un recurso que a Viceconsellería d´Economía de Castilla e León acaba de estimar, información á que tivo acceso EFE.
-
O urogalo é unha especie que habita no norte de España i está a punto de desaparecer; o seu censo é desta volta un 50 por cen inferior ó da década de 1980 e na tasa de reproducción non chega a un polo anual por femia. Na serra de La Cepeda, onde se levaba a cabo o proiecto eólico citado, a Universidade de León ten localizada unha colonia, a máis sureña de Europa, que ven dando crías regularmente.
-
Por resolución da Viceconsellería d´Economía de la Junta de Castilla e León, outorgouse autorización administrativa pró parque "San Feliz" en abril do 2008, proiecto promovido por "Promociones Energéticas del Bierzo". Contra esa autorización, o letrado Carlos González Antón, en representación da "Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife)", apresentou recurso de alzada e solicitou a execución da resolución, alegando qu´o proiecto causaba perxuicios irreparables ós urogalos.
-
Na zona téñense autorizado outros parques eólicos, pese a se tratare de espacios de alto interese ecolóxico, según Carlos González, quen explicou a EFE que foron autorizados outros tres parques, algún deles tamén recurrido. Básicamente, o recurso de SEO/BirdLife avisaba dunha Declaración de Impacto Ambiental defectuosa, que non tivo en conta a presencia do urogalo. O demandante tamén argumentaba qu´as declaraciós de impactdo ambiental dos parques da zona están a seren adulteradas, ó se fragmentar aparentemente en distintas instalaciós, pra salvare mello-los trámites i evita-la competencia estatal. A Xunta reconoce que, no que respecta ó ambiental, tería de se facer un tratamento conxunto pra parques ubicados en ámbitos contiguos. O abogado de SEO/BirdLife mostrou a súa satisfacción pola resolución e xa ten comentado que esta decisión "podería indicar qu´as cousas están a cambiaren na concienciación ambiental".

No hay comentarios: