Teresa Casal e Miguel Angel Fernández Lores, o pacto PSOE-BNG en Pontevedra pode estar en globo. (Dibuxo de Kiko da Silva en La Voz de Galicia)
-
Ponteveda, 6.03.2009
-
Entrada n. 874 do blog
-
O GOBERNO LOCAL DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Están nerviosos. Os dous partidos, PSOE e BNG, non ligaron ben en Pontevedra porque a súa gobernación naceu do mandato de Quintana a Touriño. E prosigue a política de baldoseo. Se a nivel de Xunta foi toda a gobernación un espectáculo de parvaxolos, o BNG a impoñeren máis dosis de nazismo, en Pontevedra tamén vemos que non houbo ligazón nen boas formas de gobernare.
-
¿Pero qué se creeron éstos, qu´a súa política non lles había pasar factura, que podían seguir a lastraren o urbanismo pontevedrés, afoga-la cidade sen ter que pagar por elo, qu´o referente de Pontevedra, cidade sitiada, era un modelo a exportare, que incluso foron a Lisboa Mosquera e Lores a falaren de "accesibilidade", cando o real é que moita xente está a fuxire da cidade, sen sabere cómo se entra aquí, nen como se sae? Eso non vende, naturalmente. Leva oito anos sendo modelo de cómo se convirte unha cidade comercial nun punto de miseria, nun Gulag.
-
O goberno local pode esgazare antes do que eles pensan, en función de pactos que a nivel nacional poden estar próximos, antre PSOE e PP, d´acordos sobre temas de interese nacional. E se o PSOE se fai coa leendakaritza do País Vasco, co apoio do PP, podemos pensar xa na quiniela do que lle queda ós importadores do modelo Allariz, que ó longo das autonómicas tentaron mostrar como culmen urbanístico pra toda Galicia. Do que non se debe facere en Galicia, digo.
-
Sigue unha noticia de La Voz, o seu enlace: Lores e Casal desvincallan o pacto en Pontevedra da perda da Xunta. Tururú.
No hay comentarios:
Publicar un comentario