miércoles, 4 de marzo de 2009

A SOCIEDADE CIVIL

As Clases Medias. A Praza de Colón a rebordar o 14.02.2009.
-
Pontevedra, 4.03.2009
-
Entrada n. 869 do blog
-
A SOCIEDADE CIVIL,
por Xesús López Fernández
-

O cambio político marcado polas últimas elecciós estivo condicionado, encorsetado polo protagonismo da sociedade civil, especialmente activo no caso de Galicia Bilingüe. A súa concentración histórica do 8.02.2009 en Santiago contribueu a ese cambio político, como tamén á agresión de que foron obxeto polos grupos radicales sirveu pra que moito galego tomase conciencia do perfil que no país estaba a tomare a política de inmersión lingüística, en base ademáis a un idioma que xa non representa á nosa lingua lar. Galego, sí, pero o galegués dos que acometeron ós manifestantes con pedras, os "defensores" dos que falou Quintana acentuaron aínda máis a derrota do BNG, que moitos queremos ver golsado da política galega.
-
Pero á hora de falare do necesario protagonismo da sociedade civil, non deixemos de lembrare, unha vez máis, a manifestación de "La Plataforma de las Clases Medias" do pasado 14.02.2009. Precisamente do seu blog e pra unha maior constancia de cómo as xentes viviron aquela convocatorio, introduzo un enlace que dá acceso a catro videos, pra solaz dos que queremos outro país, un país no que as corrupciós non resulten posibles, e un sistema fiscal xusto, sen imposto de sucesiós, como o titular deste blog ten afirmado diversas veces; como Enrique de Diego di no seu discurso.
-

No hay comentarios: