Pontevedra, 16.03.2009
-
Entrada n. 887
-
Hai uns días inserín unha entrada, titulada "Sos Touriñán". Desta volta coloco aquí o enlace dun vídeo sobre o problema que se nos pode vir acima se non existe unha clara decisión de salva-lo noso litoral. Volveremos sobre o particular. Clicade agora pra ve-lo vídeo clarificador, longo pero interesantísimo, tanto no que se referide ós "postos de traballo", que en Vilán ían ser uns 250 e que na realidade son antre 15 e 17, como na desfeita ecolóxica que se xera a partir destas granxas, na medida en que, como son peixes carnívoros, precisan de mantenza a base de peixes, sobre 10 kilos doutros peixes pra xerare un kilo de rodaballo. Pero mellor atendede ó video.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario