mingote, ABC, 1.03.2009. O home confésase corrupto, non sabe se de dereitas ou esquerdas, chiste oportuno de mingote pra este tempo que vivimos.
-
Pontevedra, 1.03.2009
-
-
Entrada n. 865 do blog
-
Artículo semanal sen a perspectiva do resultado electoral que a esas horas xa é conocido. Mañán farei un pequeno análisis. A sociedade galega, como cando no 1989 castigou o pacto contra natura do tripartito volveu darlle o triunfo ó PP, por maioría absoluta. Agora haberá que lle lembrar a Núñez Feijóo as súas promesas, mesmo marcarlle pautas pra que non retome a política dos clústers que se impoñía no último goberno de Fraga e que, curiosamente, non modificou o tandem Touriño-Quintana. Sinal de qu´os peligros permanecen, porque a corrupción está, como se di no chiste de Mingote, na dereita e na esquerda.
Sigue o artículo semanal.
-
¿Volve o imposto sucesorio?,
por Xesús López Fernández
-
Escribo no día da reflexión por fin de campaña e non quero facer inventario das descalificaciós, dos avisos de presuntas corruptelas que ó longo das pasadas semáas afloraron sen trégoa dende as diversas instituciós, dende uns ós outros partidos. Pero a sociedade civil ten un conocemento claro de moitos dos escándalos agora sabidos, que de seu xa se sabían antes de pedir sitio nos diversos medios, caracterizados moitos por un silencio espeso e culpable. O papel crecente dos medios emerxentes e de internet sirveu pra poñere un punto de máis claridade sobre certos asuntos, que ó mellor non terían trascendido na campaña. Pero sí quero sinalar que houbo unha gran carencia en moitos dos discursos dos candidatos, descargados de contido en relación con temas de vital importancia como son: Economía, Medio Ambiente, as recalificaciós urbanísticas, a Política Fiscal e, sobre todo, a falta dunha promesa real de rexeneración. Simplemente porque nalgús dos citados temas faltou de sempre un tratamento vivo, honesto e vixiante, ou as promesas non pasaron de burla zafia, como reiteraron estos pasados días dúas candidatas nun debate sobre ecoloxismo.
Sí estivo na campaña a promesa do candidato do PP da supresión do imposto sucesorio, do chamado imposto dos tontos, ou dos mortos si se quer, e sobre o que algús valoran o seu sentido social. ¿Ou antisocial?. Antisocial. E a súa supresión é recomendada por diversos foros e instituciós dende hai anos, por se daren na súa cobranza un certo perfil de anticonstitucionalidade apuntado incluso polo Defensor del Pueblo Enrique Múgica Herzog, porque a Carta Magna [art.33.1] reconoce o dereito á propiedade privada e á herencia. O imposto, pola contra, ten un claro sentido confiscatorio, de privación da propiedade, porque os herdeiros reciben en realidade unha verdadeira máquina recaudatoria ó servicio da Administración, que ademáis e polos valores que no proceso liquidatorio van sere estimados, han demandar un esforzo ás veces imposible cando non un endebedamento fóra de toda razón, como se tivesen que comprare de novo os bens recibidos, a máquina recaudatoria.
O referido imposto é de carácter estatal, pero a súa cobranza está cedida ás autonomías, que poden mesmo bonificaren máis do 90% do importe da cuota resultante. Como o dito imposto viña representare en torno ó 2% do total recaudado polas autonomías, porcentaxe pouco significativa, e pra evitare situaciós de verdadeira inxusticia social, mesmo pra favorecere a permanencia e incremento de patrimonios que pola vía do ibi van estare tributando de por vida, é polo que algunhas autonomías decidiron aplica-la bonficación máxima, como aconteceu coa de Madrid, momento a partir do cal pasa a ser esa comunidade unha zona de deslocalización patrimonial, fixando alí ou nalgunha outra das autonomías privilexiadas fiscalmente a residencia dos/das que queren librare de cargas ós seus herdeiros forzosos cando non se está en disposición de practicare outro tipo de enxeñería, posible sempre prós ricos que non pagan ese imposto. Por eso lle chaman ó sucesorio o imposto dos probes, dos tontos.
Pero parece que o Estado quer retomare as bridas da súa recaudación, o que viría representa-la fin dunha certa “pax social”, que forzaría mesmo ás xentes a se agrupar en torno á Plataforma das Clases Medias e á súa proposta de insumisión fiscal, a recurrir ante o Constitucional o cobro que se quer reactivar con carácter xeral no canto de ir á simple eliminación do imposto. A Comunidade de Madrid non está disposta a aceptare unha “involución” nas competencias que sobre este imposto xa tiñan as comunidades; incluso trasladou ós empresarios a firme vontade de bloquear calquer iniciativa do Ministerio de Hacienda pra establecer un “mínimo común” no Imposto de Sucesiós e Donaciós. Hai máis argumentos, naturalmente, pero a saída da situación que vive o país vai depender antes da supresión dalgún ministerio e dun menor gasto político que non de perseguir asañadamente, de novo, ós máis probes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario