miércoles, 11 de marzo de 2009

O VAO, ONDE NACE A DROGA

A fotografía superior mostra un momento do operativo de data 10.03.2009, montado mancomunadamente pola Guarda Civil e a Policía n´O Vao de Poio, pra veren de erradica-lo tráfego de drogas que naquel arrabaldo vense dando de contínuo dende hai moitos anos. Durante a operación foron identificadas 150 persoas das que alí acodían ou regresaban pró correspondente suministro, según informou La Voz de Galicia, noticia ilustrada coa primera das fotos.
-
Pontevedra, 11.03.2009
-
Entrada n. 8583 do blog

O VAO, ONDE NACE A DROGA, 
por Xesús López Fernández

Un está farto de ver polo lugar un continuo desfilar de drogadictos que, incluso de noite e correndo verdadeiro peligro, cruzan por atallos complicados, pola propia autopista, á procura da súa dosis. Marchan algús deles alabarados; outros parecen xa no límite das súas forzas. Pero o lugar sigue sendo un referente ó que acoden xentes de toda Galicia. Podémolo definir, ó lugar, como O VAO, ONDE NACE A DROGA, título pra esta entrada.
¿Qué acontecería se a Policía Nacional dispuxese en Pontevedra de cans como Rex, o comisario diferente?. Nunha nova serie do simpático Rex, aparece, da man do comisario Lorenzo Fabbri, en Roma, co Coliseo ó fondo nesta fotografía. ¿Qué non faría Rex na zona vella pontevedresa, a pouco que entrara en escea? Sei de máis dun local no que presuntamente fan negocio os "intermediarios", que tería os seus días contados e ós que acoden os drogatas, a "traer ou levar" suministro. Se a policía tivese un algo de celo, algús "barciños" levarían tempo fechados, esgazado o modelo de cidade aquí promovido. Pero parece que certos infralocales da zona vella, de 30 metros cuadrados ou menos, teñen máis tobos qu´o propio Vao. E non pode ser. Que ensaien con Rex, ou con algún curmán do can. Seguro que dan coeles.
A foto anterior tróuxome o relembro de que dispoño no meu PC dun reservorio de fotos de Roma, de hai dous anos. Nesta apréciase o Coliseo ou Colosseo, á dereita o arco de Constantino. Por esa zona arranca a vía de S. Gregorio que leva á piazza da porta Capena, pra deseguido achegármonos ás termas de Caracalla pola vía dese nome. Nas termas transcurría gran parte da vida social de Roma: Na de Caracalla atopaban relax ata 1600 persoas. Augas mornas, quentes, e frías; biblioteca pra leere e prostitutas que vendían os seus servicios prá regalía d´aqueles románs.

Esto non viña a conto, pero aí queda dito.

No hay comentarios: