Mentres toda Europa acolle con humorismo a figura de ZP, convertido en histrión continental, en descrédito do noso país, o protagonista de Montoro, un de tantos españoles que fozan nos contenedores, bótalle en cara que o deixaran privado do humor de míster Bean, ó que lle tomou desta volta unha certa teima. Xa non lle queda máis nada que andar a remexer, máis tristemente, na broza. (Montoro, en La Razón)
A nevada paralizou o país e tamén o discurso de ZP que sospeitamos non pode falar de quecemento global, nen dar lecciós sobre reacción económica i economía sustentable ó continente. (Montoro en La Razón). Os humoristas, nun flash, móstrannos a realidade crú da nosa situación e que, da man do noso presidente, a propia Europa podería estar en peligro.
-Pontevedra, 12.01.2009
-
Entrada n. 1122 do blog
-
O HUMOR EN LA RAZÓN,
por Xesús López Fernández
-
Téñome permitido inserir neste blog algún que outro chiste dos varios humoristas de La Razón. É un recurso pra explicar cousas, pra mellor presentalas porque eles son donos dunha visión especial dos acontecementos, mesmo da historia ou da aventura política; retratan o día a día dun país en descomposición se a sociedade civil non-o remedia: Las Clases Medias, Hazte Oir, Galicia Bilingüe e asociaciós menores como Salvemos Pontevedra ou a Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres que, coa súa actitude testimonial, talvez poidan conseguir que algo cambie.
Esteban, outro dos humoristas da casa perséntanos a un José Bono, católico que votou a Lei do Aborto, tentando concilia-la súa conciencia antre a cruz e unha reliquia de Pablo Iglesias.
Outro de Esteban, que se sube. As traductoras atópanse cun discurso máis ridículo que o de míster Bean. Aquí non-o temos que traducir. Sabemos que a realidade sobarda a ficción de míster Bean.
Caín, sempre cáustico, ten frases lapidarias como a desta viúda que acode ó camposanto e lle lembra ó seu finado que xa non é, tan siquer, contribuínte, a realidade que lle importaba ó Estado, o único polo que nos contan e censan.
Outro de Esteban, que se sube. As traductoras atópanse cun discurso máis ridículo que o de míster Bean. Aquí non-o temos que traducir. Sabemos que a realidade sobarda a ficción de míster Bean.
Caín, sempre cáustico, ten frases lapidarias como a desta viúda que acode ó camposanto e lle lembra ó seu finado que xa non é, tan siquer, contribuínte, a realidade que lle importaba ó Estado, o único polo que nos contan e censan.
Outro de Caín. A capacidade dos gregarios pra aplaudire como asentimento ou ben aparentaren un discurso dos seus líderes máis longo, como con máis eco.
-
Aínda que non teña que ver con esto, hoxe, que se conoceu o resultado da concesión dos premios Cidade de Pontevedra, sabemos que non llo reconoceron ó meu amigo Juan Vidal Fraga nen tampouco á Plataforma da Praza d´Os Praceres. Era sabido, porque os premios hai tempo que están politizado e o Concello dos Camaradas busca o xeito de se premiar a si mesmo, de premiar unha xestión urbanística deplorable, mesmo o recheo do porto de Marín ou a reconfiguración da ribeira, a conformación de Pontevedra como un gulag idealizado. Saben traballa-los votos e que non se premie nunca o mérito propio do candidato se non é correa de transmisión da súa ideoloxía, como tantas veces quedou evidenciado.
-
Non é que teña nada contra as candidaturas premiadas [presidente de Alcohólicos Anónimos e Protección Civil], que coido poderían ter agardado pró ano que ven ou pra outro. Pero este ano, así sentido por moita xente, había dous premios "indiscutibles": Juan Vidal Fraga e a Plataforma d´Os Praceres. De ter sido premiadas estas nominaciós estaríamos ante un posible cambio de rumbo. Pero non era posible, porque os promotores do premio carecen de conciencia, presuntamente enzudrados como están en non poucas actuaciós contra natura e o patrimonio urbán.
1 comentario:
En efecto penso igual. Pero cando xa lín o artigo de María Rodríguez (sic) na prensa souben enseguida de que iba a farsa.
O representante dos colectivos veciñais na mesa de deliberación era Verísimo Pazos e con iso está todo dito. Os premios sempre se otorgan por unanimidade.
Polo menos mantivemos viva a memoria de Don Juan Vidal Fraga, um home íntegro que se marchou antes de que poidera coñecelo.
Unha aperta
Publicar un comentario