Relevo presidencial na RAG. Barreiro e o amigo Méndez Ferrín rubrican o relevo cun apretón de mans. ¿Novos tempos prá RAG?.
-
Pontevedra,23.01.2010-
Entrada n. 1133 do blog
-
Artículos pró 25.01.2009
-
Méndez Ferrín, novos tempos prá RAG,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Haberá que formula-lo título do artículo como unha cuestión: ¿novos tempos prá RAG?. En principio, Méndez Ferrín, elexido novo presidente da Real Academia Galega en sustitución de Xosé Ramón Barreiro, co apoio maioritario do plenario, prometeu traballar polo idioma e aposta por unha RAG que centre o seu esforzo na mellora dos traballos, sobre todo os léxico-gramaticales, e na actualización do diccionario, ademais de afastar á institución de debates como o das bases pró decreto do plurilingüismo na ensinanza non universitaria de Galicia. A Academia, “canto menos mediática, mellor”. Dacordo tamén coa súa aposta de faceren máis efectívo-los traballos internos da institución; pero non co pactismo de seguiren co modelo continuísta dos últimos presidentes, do que saeu o idioma realmente ferido.
E Méndez Ferrín ten diante súa un reto realmente importante: Que a RAG non volva ser unha especie de terminal nacionalista radical, que nadie lle dicte o seu papel en relación co estudio da lingua popular e a elaboración de normas prá súa fixación. Pero confío en Méndez Ferrín, có que aínda tiven ocasión de falare con motivo da súa presencia e intervención na homenaxe a Juan Vidal Fraga, común amigo de ámbo-los dous. Na fin do acto démonos unha forte aperta que pra nós significaba algo máis que a lembranza do finado amigo; significaba, a modo de pequeno lóstrego, o inventario do tempo transcurrido dende o noso primeiro e común galeguismo, no comezo dos 50: a preocupación polas palabras, a súa arrancada na Universidade, as cartas nas que xa facían presencia algús diferencialismos, nas que comentabamos da obra de Gonzalo Rodríguez Mourullo, Nasce un Árbore, ou ben do libro de Ramón Lugrís sobre o pensamento de Vicente Risco, unha auténtica descoberta.
Aínda xoven, Méndez Ferrín marcou novos tempos na literatura galega dende a súa obra primeira: “Percival e outras historias”. Con “O crepúsculo e as formigas”, do 1961, o noso amigo, según Dolores Vilavedra, é poseedor dun dominio das máis diversas técnicas narrativas. Pouco despois, ano 1964, editaría “Arrabaldo do norte”, definida como novela obxetalista, herdanza do “Nouveau roman”, de corte kafkián. Pero non se trata de seguir a citar obras de Méndez Ferrín, como “Retorno a Tagen Ata”, “Con pólvora e magnolias”, “Estirpe”, etc., que o lector pode xa conocer como tamén que foi proposto pró premio Nóbel, senón do rol que vai xogare á fronte da RAG e do que hai poucos días falaba cun amigo, con responsabilidades no eido de Educación no seu partido, algo xa comentado en “O galego real, ausente”.
¿Poderase producir con Méndez Ferrín unha certa osixenación da nosa lingua? Ben sei que os autores son moi libres de escribir como lles pete. Ferrín foi dos primeiros en usar “cuxo” como forma pronominal. Pero o uso con ese sentido, coidado, pode resultar redundante. ¿Cabe decir “vendémo-lo cuxo cuxa nai morreu de encefalopatía…..”? Eu, persoalmente, prefiro usa-lo “cuio” recomendado por Carré, Ibáñez, Eladio Rodríguez, Franco Grande, e deixa-lo “cuxo” como sustantivo, co significado de: xato, cucho, choto, camoniño, chapreiro, xuvenco, cato, terneiro, mansote, palletes, poito, pucho, nos que aínda caben variaciós semánticas como “cucho colludo”, xato sen castrar (Carré 1972), ou “cucho das vacas”, boi semental (Glosario de Constantino García). Despois dos traballos que no seu día se fixeron en relación coa fixación do Atlas lingüístico, a RAG ten moito que desandar e deixarse das querencias portuguesas que xa denunciaba o P.Sarmiento: “Facede o idioma a partir da fala”. A fala é, certamente, a fronteira con Portugal, máis permanente na “raia seca ourensáa” que no propio río Miño, como ten apuntado J. José Moralejo Álvarez máis dunha vez. E non cabe outra línea de traballo prá RAG que a de cura-las feridas derivadas dos decretos e normas alóglotas en vigor, especie de enxeñería pra nos cambia-la fala, ou eso parece. E perguntamos: ¿Novos tempos prá RAG?
1 comentario:
Desgraciadamente Méndez Ferrín non puido loitar contra os involucionistas e acabou por se marchare da RAG, como fixera hai anos, dando un portazo, Isidoro Millán González-Pardo, ó ver que na Academia estaban a entrare medianías mentres quedaban fóra homes de cultura necesarios.
Estou pendente de te-la ocasión dunha conversa delongada co meu amigo Méndez Ferrín, pra saber algo máis sobre os demos que fixeron imposible a recuperación da fala, víctima do acoso do Bloque nazionalitarista, xa denunciados no seu día por Novoneyra, por seren os creadores da lingua da non-patria.
Publicar un comentario