viernes, 12 de noviembre de 2010

NOVAS SOBRE OS PRACERES

As entalladas --¿en Lourizán, en Poio?-- foron un factor importante na sustentabilidade da economía.
Siguen os recheos en Marín. Creen algús qu´os portos poden crecer infinitamente, a costa de aniquilare un espacio finito, como esta ría.
Esta foto do Faro expresa ben ás claras a fractura da ialma da parroquia mártir d´Os Praceres-Lourizán.
Manifestación organizada polos defensores do Estado de dereito, as xentes da Plataforma d´Os Praceres, contra un tren d´inxusticias. Mozo detido pola Policía Nacional, por se opoñere á construcción do ferrocarril. Reiterámo-la pergunta: ¿Pra quen traballaba esa policía se o tempo, por sentencia do TS, demostrou qu´os defensores do Estado de dereito foron os opositores ó tren, ó tren d´inxusticias? ¿Quén foi o capo?
Moncho, veciño d´Os Praceres, mostra o seu negrón,
o mesmo que Ramiro, outro veciño da parroquia.
-
Pontevedra, 12.11.2010
-
Entrada n . 1352 do blog
-
NOVAS SOBRE OS PRACERES,
por Xesús López Fernández
-
Queren algús salvar, deixare como leigado maldito prás xeneraciós futuras, prá propia natureza, a desfeita aloucada da ría, balance no que poderiamos enuncia-la desecación das xunqueiras no fondo da ría, o que motivou a súa perda de calado, mesmo o abandono de prácticas como as famosas entalladas, fontes de fartura, tema da foto primeira.
-
Virían despois as industrias de enclave colonialista, Ence, Elnosa, e outras actuaciós denunciables e denunciadas sen qu´os mandantes entren no tema. A propia construcción da autopista é tamén unha actuación colonialista ou o enclave da Edar n´os Praceres, presuntamente ilegal, e na que se están a invertiren cartos da UE, que se se produce unha afloración de sentido común, haberá que devolver a Europa.
-
As sentencias do TS deben executarse. Polo pronto andan a xogaren co tema, a tentaren nos vende-la burra, Fomento con dous proiectos, un que soterraría o ferrocarril pra nengún porto, porque o que lle daría sentido sería o de mantere vivo ese porto sobredimensionado e tamén sentenciado polo TS, ilegal en gran parte, polo tanto.
-
Qu´o Bloque propoña agora a construcción dun "novo" ferrocarril, afastándoo da traza que leva o actual, o da corrupción, tería sentido noutro momento, e si se entende que é útil facelo por medio dun túnel de catro kilómetros que salvaría a zona das Candorzas d´Abaixo, as Estrigueiras, Mollabao e o propio Os Praceres, eso podería marca-lo comezo da recuperación das marismas de Lourizán. Sería cousa de vontade política. Pontevedra volvería ser porto de mar, tería praia.
-
Ós veciños d´Os Praceres, de momento, parece que, polo carreiro xudicial, non lles chegou nova comunicación. E no Tribunal Supremo saben que foi ese colectivo cidadán o que "chamou ás súas portas", pra ver se alí aínda estaba, bunkerizado, sí, o Estado de dereito. Pero as elecciós están aí e, antes que de execución de sentencias, están ensaiando distintos discursos. Consideran qu´os cidadáns somos un fato d´ovellas e queren que exercitémo-lo dereito a votar. Mellor dito, que lles votemos cando realmente nengún dos partidos instalados no poder son dignos de créto.
-
Enlaces:
-
-
Nota.- Hemos presentar con frecuencia, neste blog, fotografías da loita da parroquia d´Os Praceres en defensa da súa dignidade. Animádeos a que se presenten ás próximas elecciós porque eles sí teñen unha ópera prima: "Nós sí defendémo-lo Estado de dereito".
-

7 comentarios:

josele dijo...

fantástico artículo. las fotografías hablan por sí mismas de la lucha de un pueblo contra el brutalismo churrasquero de las mafias del puerto por donde entran los contenedores que traen cargas diferentes a las manifestadas en su documentación y que financian a las mafias políticas de partido.

Placeres, un pueblo en solitario contra la corrupción, la mafia, la extorsión, la brutalidad, la estafa y la malversación de caudales públicos, el cohecho con fondos de Bruselas, la arrogancia suicida de una generación de líderes empresariales, políticos, sindicales y sociales...

Por todo ello, los vecinos de Placeres son héroes populares de la misma talla de los que plantaron cara a las tropas napoleónicas en Pontesampaio.

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias polo comentario.

Eu coido que incluso haberá que pensar na idea de lles facere un monumento a estas xentes.

¿Leíche-los comentarios de Mosquera na prensa d´onte?. Están no post. Agora dóenlles os zapatos por ter camiñado pola política indecentemente. Sempre coa súa dialéctica escapista, decindo e non decindo, resulta qu´agora, agora sí, propoñen a construcción dunha nova vía, por túnel.

¿Apuntaranse tamén ó discurso do Estado de dereito?

josele dijo...

sí claro... irán a ver si recolectan algunos votos con sus discursos, simulando que harán cumplir la ley... todo demagogia barata... apoyo la idea de hacerles un monumento por cuestación popular.

o blog de xesús lópez dijo...

¿Cómo poderiamos artellar unha plataforma, aínda que sexa unha plataforma virtual, talvez en FAcebook, promovendo esa idea?

O artículo pra este luns vai na línea deste post, mazando máis na cuestión do Estado de dereito.

De momento téñoo no blog como borrador, pra lle asociar algunha fotografía do manantial do vello blog daquelas xentes, o blog da plataforma.

Saúdos, Xesús.

Plataforma Defensora Praza de Os Praceres dijo...

http://www.facebook.com/profile.php?id=100000983396696

josele dijo...

FACEBOOK es una idea estupenda...

o blog de xesús lópez dijo...

Coido que sí. Coido que alguén interesado ha te-los conocementos pra impulsare unha plaaforma ou grupo de apoio.
Ademáis hai que ter en conta que a Iniciativa Cidadán d´Os Praceres parece ter tomado a decisión de se persentare ás elecciós.
Saúdos.