jueves, 18 de noviembre de 2010

QUEREN DINAMITA-LA CRUZ

Os herdeiros dos dinamitadores e queimadores de templos nos primeiros trinta e posteriores, conservan a memoria daquela dinamita, que de novo queren usare pr´abatire a cruz, símbolo de sacrificio e concordia, símbolo tamén da civilización europea. (Fotografía do ABC) La Razón tamén dá a noticia de qu´o Foro da (Des)Memoria está degoirado, debecido, agodiso contra a cruz do Val dos Caídos e piden a súa dinamitación, memoria fresca que deben ter de cando os seus ancestros dinamitaban a Cámara Santa da Catedral d´Oviedo, convertida a cidade d´aquela en cidade mártir. (Fotografía de La Razón)
-
Pontevedra, 18.11.2010
-
Entrada n. 1360 do blog
-
QUEREN DINAMITA-LA CRUZ,
por Xesús López Fernández
-
A Federación Estatal de Foros da "Des"-Memoria Histórica convoca unha concentración en Cuelgamuros que, en plan provocador, tenta celebra-lo 20-N pra clamare pola dinamitación da Santa Cruz, qu´os monxes benedictinos que atenden o culto sexan trasladados, ¿deportados?, o lugar desacralizado e os restos de Franco e José Antonio Primo de Rivera, asesinado polos "ancestros" dos da Des-Memoria Histórica/Histérica, entregados ás súas familias, un paso máis no retorno ó "guerracivilismo" iniciado polos ditos ancestros, seguramente coa idea de cambia-lo parte final da Guerra Civil por outro que comece así como: "Vencido e derrotado o exército fascista, España volve ser libre. Rematou a guerra."
-
Entendída-las obras do Val dos Caídos como gran esforzo de reencontro [a Cruz é o gran símbolo de reconciliación e civilización, á par que de sacrificio]. Sin ela, Europa sería inconcebible, pero vagariñamente no-la están a desfacere, a islamizaren si é posible, incluso coa colaboración de ZP e o seu equipo de luminarias.
-
Se por estes fose volverían os tempos de persecución i exterminio, de dinamitación, como xa apuntamos nunha entrada anterior da que inserimos enlace: A memoria da dinamita (clicade).
-
Pero hoxe informan os diversos medios da noticia apuntada. Incluímos enlaces:
-
-
-
-
-
REBELIÓN EN LA SOMBRA, 14.11.2010: Homenaje a los Cybervoluntarios del Partido: Socialismo o muerte. (en clave de humor histórico-negro. Contén un vídeo co himno da URRSS, pra posibles adaptaciós). Non esquezamos qu´a revolución d´Asturias, no 1934 foi consecuencia de golpe d´Estado intentado por Largo Caballero, que quixo sovietiza-lo país). Todo o que veu despois foi pola súa culpa, e as d´outras xentes do Partido Socialista e máis tarde da Fronte Popular.

3 comentarios:

Elentir dijo...

É sorprendente que despois do ocorrido coas estatuas dos Budas en Afganistán, dinamitadas polos talibáns, aínda teñamos outros talibáns en España que queren voar polos aires a cruz máis grande do mundo. Iso di moito de certa esquerda que temos aquí...

o blog de xesús lópez dijo...

Esquerda sectaria nunca farta de dinamita-la historia. A libertade dóelles, non queren qu´os demáis pensen ou sintan.

josele dijo...

Odian la cruz, odian a España, odian a occidente, odian, odian...

Satán es amor.