domingo, 14 de abril de 2013

A MARCA ESPAÑA

 Son todos chistes de La Razón, e sobre a Marca España, como este primeiro de Caín, cómo fabricar unha nación...
 Caín deseña aquí (é un can o que reflexiona) algo que é unha evidencia sabida: o home xa non conta.

 sigue Caín, que afirma que o país parece non ter saída. 


 Esteban retrata así a deslocalización dos cartos, a fuxida cara un paraíso fiscal.
 De novo Esteban, que agora fala do discurso do consolo relativista. Estamos mal, pero a culpa pode ser de outros que tampouco están ben, que ó mellor nos empatan en corrupción. 
 Montoro dibuxa a un español orondo que confía na marca Suiza. I en Karl, o mellor caixeiro de Xenebra... 
E novamente Montoro insiste, esta vez sobre unha retransmisión en directo  de diversos escándalos da marca España. En vivo.

Pontevedra, 14.04.2013
Entrada n. 1644 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


A marca España,
por Xesús López Fernández

            De cada volta fálase máis da marca España. ¿Pero é España unha marca máis alá dunha política de Estado, márketing a prazo longo pra, cos consensos necesarios ver de mellora-la imaxe do noso país tanto no interior como no exterior? Ter unha boa imaxe de país debería ser algo máis que un ideal; tería de ser un activo pra respaldare a posición internacional dun Estado política, económica, cultural, social, científica e tecnolóxicamente, sobre todo tendo en conta que é a nosa unha das naciós máis vellas do mundo, que xa no 801 o Imperio carolinxio funda a Marca Hispánica.  Pero as cousas parece que non van ben, como que son moitos os que afirman que a marca España lles importa un pemento, que o queren é que a Xusticia funcione, e funcione con total independencia dos outros poderes, que se non é así, dificilmente nos podemos defender como Estado de dereito..

          Herminio Huerta, en La Nueva España, fai un inventario das nosas calamidades: 1. A corrupción  da vida pública: Estado, comunidades autónomas, concellos, partidos políticos, sindicatos, etc.; 2.  A demora do Goberno anterior en reconoce-la crisis, e a súa febril visión da “verde gomariza”.; 3. A incapacidade e pasividade do Banco de España e do seu gobernador pra atalla-los desmáns dos políticos que levaron as caixas de aforros á ruína e cuio saneamento nos leva costado uns 45000 millós de euros, e o que falta (tendo sido ademáis eses políticos os presuntos ideólogos das preferentes que agora denostan); que, ademáis, dos 90 persoaxes imputados nengún está no cárcere nen devolveu a pasta que presuntamente rapiñou; 4.  As imprudencias e corruptelas relacionadas coa Casa Real; 5. O imcumprimento continuado do programa electoral do presidente do Goberno.; 6. A falta de transparencia e contabilidades falsas nas contas dos partidos políticos […].

          No inventario que fai o articulista entran a opacidade das contas dos sindicatos [….], os case seis millós de parados que ten o país [….], as fendas do partido da oposición (PSC, ERE de Andalucía, incapacidade prá renovación necesaria si se quer definire como alternancia de poder) […],  empobrecemento xeral dos cidadáns… E tamén inclúe cuestiós como a desinformación sobre déficit público, inmovilidade da “casta política” e o medo a reforma-la Constitución mentres a sociedade clama por un novo modelo de Estado… O sometemento ó Diktatt de Merkel sen un plan de reactivación da economía productiva; a falta de creto bancario, etc., dito en breve, están a marcaren a involución do noso país xunto cos partidos anti-España, e van lastrare non tanto o prestixio da marca España como a integridade do país.

            Se o ministro M. Soria afirma que a marca España ten máis forza no extranxeiro que no noso país; se o ministro Margallo comenta que a imputación da infanta Cristina de Borbón no caso Urdangarín vai en perxuício da dita marca é o propio Mario Conde o que contesta que non é así, xa que, “partindo da presunción de inocencia, evidenciaríase a existencia dun Estado de dereito, afectado negativamente por unha clase politica endogámica que desprecia á sociedade civil, que gusta de súbditos e non de cidadáns. A constancia dunha Fiscalía ó servicio da política e alonxada da súa obediencia ó principio de legalidade. A inexistencia dun verdadeiro Parlamento fagocitado [o noso] polas listas cerradas e a disciplina de voto. A aparición de separatismos irredentes edificados sobre unha manipulación da Historia e das emociós colectivas. A aniquilación de seiscentas mil empresas e a aparición de seis millós de parados, e de moitos cidadáns no umbral da pobreza, que os españoles ven o seu futuro con desesperanza. Eso sí lastra a imaxe de España”. E terá de cambiar fondamente a nosa política e acada-los consensos necesarios se queremos recuperar prestixio, lonxe da cubanización presentida xa en certas Administraciós.

2 comentarios:

Paco10 dijo...

Sobre "La Marca España" me permito poner un enlace que puede ser ilustrativo del tema. Un saludo
http://papabloblog.blogspot.com.es/2013/04/una-cancion-para-la-marca-espana.html

o blog de xesús lópez dijo...

¿Te refieres a "una canción para la marca España", en La Garita del Guachimnán? Si bien la canción nunca me dijo nada, sí podría servir para la zafiedad de la marca España que el texto define bien.
¡Que hablen de España, por favor, y que no se les rompa!
Unsaludo