lunes, 11 de febrero de 2008

GOLFIÑOS GAÑAN BATALLA Ó EXÉRCITO USA [11.02.2008]

Arroás ou golfiño acróbata. Fotografía do Diario Público relacionada coa noticia.
Arroases gañan á USNavy. Fotografía e orixe da noticia, Diario Público.

Pontevedra, 11.02.2008


BREVE DE ECOLOXÍA
Os golfiños gañan unha batalla ó Exército dos Estados Unidos de América.


Entrada n. 435 do blog.

Trátase dunha noticia do Diario Público no sentido de que un xuez norteamericán ten sentenciado en contra do Exército dos EEUU sobre o uso do sonar nunha zona clasificada como santuario de cetáceos, unha franxa costeira de 22 kilómetros, en California. É ésta a primeira vez que a xusticia se pon do lado dos cetáceos pra, dese xeito, acota-lo uso da tecnoloxía sonar nunhas maniobras da USNavy, a armada norteamericáa. Nas maniobras programadas polos norteamericáns pra dentro dun ano xa non se vai poder utiliza-lo sonar MFA na referida franxa, como queda dito. 

O xuez basa a súa providencia, antre outros, nos estudios científicos de Robin Baird, do Cascadi REsearch Collective, en Washington, nos que o investigador demostra a relación causa-efecto de determinado tipo de cazasubmariños, con capacidade de detección dun obxeto a cen kilómetros de distancia por medio dun emisor-receptor de ondas de alta intensidade.


Nese radio, as baleas detectan as ondas e poden fuxir céleres do lugar ou, no peor dos casos, perde-lo control ou varar nas praias logo de sofrir graves danos, como hemorraxias internas ou accidentes de descomprensión. A sentencia xudicial prodúcese despois dunha longa historia de varamentos e mortes pouco explicables relacionadas con maniobras militares, pero que xa no 1998, nun artículo aparecido na revista Nature, o investigador Alexander Frantzis apuntaba como motivo principal do varamento de 14 baleas nas praias gregas as maniobras da OTAN con tecnoloxía similar. Esa denuncia costaríalle o seu emprego na universidade, se ben pouco despois sería contratado novamente como profesor de investigación. Foi necesario un longo camiñar pra que a ciencia puidera demostra-las posibles causas que provocan os varamentos e morte destos mamíferos mariños despois de estudios rigurosos, nunha carreira contra reló ó longo da última década. E o máis curioso é a causa que os provoca: os animales --arroases, caldeirós, zifios-- identificarían os sinales de baixa frecuencia dos cazasubmariños cos infrasonidos emitidos polas orcas, as baleas asesinas.

A noticia, que sigue, informa que, según Robin Baird, os animales afectados, presas do pánico, sobirían á superficie rápidamente, o que lles vai provocar graves lesiós, coa morte conseguinte tras dun accidente de descomprensión súpeta.

A USNavy acata a sentencia da xuez Florence-Marie Cooper, pero non está dacordo coela.

No hay comentarios: