lunes, 4 de febrero de 2008

A CORUÑA, PREMIO AMBIENTALISTA DA ONU [8.12.2001]

Felipe de Borbón, o 4.2.2008, a falar sobre Biosfera e a importancia de defendela pra evita-la desertización e deterioro medioambiental. A ver cándo nos seus discursos pode entra-la posible recuperación da ría de Pontevedra, á marxe da intención de lobbies e partidos políticos de a convertir en sentina, en solar, etc.
O ferrocarril d´Os Praceres ocupa 55000 metros cuadrados de terreo demanial. Neste asunto parecen estar enzudrados os partidos todos: PP, Bloque e PSOE, que non están a demandaren a reposición da legalidade. Ence, asentada nas marismas de Lourizán, algo do que os partidos non falan nada máis que dende o estaribel das mentiras, impotentes pra acomete-los traballos de rexeneración e sanción dos excesos alí cometidos.

Pontevedra, 4.2.2008

Entrada n. 426 do blog.

Cada día con máis intensidade vólvese falar dos humedales, das xunqueiras, das marismas. A recuperación do traballo que sigue, de cando a A Coruña lle outorgaron o premio ambientalista "Nations in Bloom", parece unha rara coincidencia, porque vivimos nunha cidade que parece o paradigma do disparate, gobernada polos filisteos ós que aludía Risco. Moito falar de ambientalismo, mesmo cando se dispoñen a consumar novas agrresisós ó nos medio ambiente: a nova ponte das Correntes, a ponte nos salóns do Lérez, proiectos en definitiva; o nudo de Mollabao, algo do que xa temos falado en máis dunha ocasión. Pero son incapaces de meter na campaña electoral o tema da recuperación das marismas de Lourizán, zona sensible. A ver si ampliamos comentario mañán ou pasado mañán.


A CORUÑA, PREMIO AMBIENTALISTA DA ONU [8.12.2001]

por Xesús López Fernández

A recuperación despois das catástrofes de Bens e do “Mar Egeo” acaba de ser mundialmente proclamada ó tempo de lle concederen á Coruña o primeiro premio “Nations in Bloom”, có que as Naciós Unidas distingue cada ano a mellor xestión medioambiental urbá. O exemplo, pois, témolo na casa: a cidade herculina, un modelo a imitar. Enténdese a ledicia de Paco Vázquez ó recibiren o premio antre 35 cidades de todo o mundo: Los Ángeles, Chicago, Miami, Malmoe..¡Case nada! A conversión ó ecoloxismo do alcalde coruñés trouxo como consecuencia que a cidade sexa nesta hora, á par que foco cultural e cidade de servicios, un auténtico xardín e dona de tres praias urbás. ¿Qué non darían Vigo e Pontevedra por teren praias así? Difícil, pero posible en Pontevedra. ¡Ai, Lourizán..! Cuestión de decidírmonos por salva-lo mar. E de cartos. Mai-los modernos filisteos que lles chamaría V. Risco non parecen estar por outro labor que o de daren facilidades pra un maior deterioro ecolóxico. ¡Lourizán!..

“Nations in Bloom”. A palabra “bloom” –consulto o diccionario Collins-- significa: flor, floración, perfección –en sentido figurado--, louzanía; a expresión “in bloom”, floración. E venme á mente a imaxe dos estorniños –miles— a voaren e revoaren no ceo pontevedrés, sobre o magnolio de Muruais. Unha plaga. Antes de recollérense a últimas horas do serán forman unha nube que vai crecendo e conformándose con distinto feitío, eclosión de vidas. Vanse integrando as bandadas dos demorados que chegan veloces á percura do seu lugar na especie de gran globo, pra estouraren de novo como especie, tamén eles, de “nation in bloom”, floración contínua, como si estiveran ledos polo premio dos coruñeses. Voan cara un vento, cara outro, como pra saberen si están todos antes de baixar pró descanso noitarego, a se acobillaren na gran árbore. Un persoaxe de Saramago –en A Xangada de pedra— intúe os desprazamentos dos estorniños, que os siguen ata Granada e volven, ata que un día os ve voar e afirma que se marchan pra non volver. ¿E cómo o sabes?, lle perguntan, Porque o sei, responde e agora, se cadra,diría: ”Celebran o triunfo da Coruña”..
.

Nos últimos trinta, cando acodía ó Colexio Balmes, o magnolio decía xa grande; e tamén había estorniños, alleos ó drama da guerra civil. Do meu Vigo natal traía memoria dos paxaros da Alameda, a escasa distancia da miña casa na rúa Montero Ríos, que miraba ó mar. Ás veces levábanme a ver cómo traballaba a gran chupona coa que acometían o recheo do Areal, ó tempo que Vigo se quedaba sen as últimas praias urbás. E chegan agora malas novas. Se dos filisteos da Autoridade Portuaria depende Vigo vaise quedar con menos mar, como Estribela. Hai que buscar máis calado e unha maior superficie prós contenedores e non queren pensar noutra solución –dragado, contenedores terra adentro--, que na de cargarse as rías.

Total, que vigueses e pontevedreses imos ter cada vez un urbanismo máis irracional. Insisto na culpa dos que se inhiben. Existen leis como pra lle pór cancelas ós males que padecemos, pero os filisteos non están pola súa aplicación, nen por entraren de oficio en tantísima cuestión denunciable, algo que terían de facer por coherencia e que demostraría a sinceridade das felicitaciós que lle deron a Paco Vázquez, que acadou o premio por practicar unha política ambientalista distinta á dictada pola Xunta. Hoxe, a pranta de tratamento de residuos de Nostián é un referente internacional, como o paseo marítimo ou a Torre de Hércules, testigo de tantos séculos de historia. Mentres, en Pontevedra non parece interesa-la sostibilidade e a cidade párase, condenados os propietarios de 45.000 vehículos a buscaren outros horizontes. E falan agora de accesibilidade, algo que os estorniños teñen resolto por puro instinto méntre-los cidadáns nos sentimos guetificados, algo así como se ós paxaros os meteran nunha gran gaiola, prohibído-los seus vóos acrobáticos, esa liturxia da floración, ledicia polo premio da ONU que acaban de obte-los coruñeses.

No hay comentarios: