Instituto Valle Inclán, no 1949 único de Pontevedra e sen nome. Era, simplemente, o Instituto de Pontevedra.
Pontevedra, 1.02.2008
Entrada n. 423 do blog.
Entrada n. 423 do blog.
Coido que éste é o último dos traballos que me quedaban pendentes de recuperar, do ano 1999. Han quedar en lista de espera máis de 500, de diversos anos, que irei inserindo con vagar. O artículo agora pendurado tíñao titulado no arquivo como "Vodas de Ouro", pero coido que é cousa de ir retomando o apóstrofo en certas expresiós, incluso abandona-la estupidez de tanto cambio de "b" por "v", e viceverse, porque vexo que, tamén no Portugal que nos queren mostraren como paradigmático prá andaina comezada polos do Diktatt, existe un restorán, nun lugar de nome Escapadinha, no Norte, que se chama "Bodas d´Ouro", así grafiado. Seguramente non repararon nel.
Pero o traballo vai, xa sen máis comentario, das bodas d´ouro da miña promoción de bachelerato. A ensinanza non estaba daquela degradada, eso que o noso plan era case un plan de campaña, redactado por un goberno provisional, o plan do 1938. Curiosamente, nengún dos que despois viñeron representaron mellora algunha. E a situación non mellora coa creación dunha asignatura chamada Educación para la Ciudadanía, nen coa agresión á relixión católica, parte da campaña política dos que parece nos queren levar ás cavernas.

BODAS D´OURO [17.07.1999],
por Xesús López Fernández
Unha vez houbo un plan de bachelerato conocido como o plan do 38, o plan da miña promoción. Era un plan de sete cursos, con abundancia de línguas: Latín, grego, francés e inglés ou italiano e alemán, a escoller un par de linguas vivas. O latín era unha peza básica, pedra de toque no exame da reválida. “Equites, divisi per turmas...”. Así escomezaba o noso exercicio daquela, xuño do 1949: ”Os soldados, divididos en escuadras...”. Presinto que algo importante se perdeu o día do abandono do latín nos plans de estudio, pois é un instrumento básico pró mellor conocemento doutras línguas.
Cando a miña promoción fixo o seu bachelerato había un instituto único en Pontevedra. Un curso de mulleres e outro de homes. Rigurosa separación ata que no curso sexto comezaron os ensaios de impartiren algunhas disciplinas en aulas compartidas. No curso séptimo compartiríamos xa aula todo o tempo, eso sí, as mulleres do lado da Epístola, os homes do lado do Evanxelio... Ocúrreseme o símil na distancia. E acabo de recibi-lo aviso de que imos celebra-lo 50 aniversario cunha misa que espero poida celebrar un sacerdote amigo, irmán do meu compañeiro de mesa naquel último curso, amigos de nenos –tardes de grilos e de xedrez— e amigos de mozos –tardes de robalizas e billar--. Coido que ha poder vir ó encontro previsto pró día 31. Despois acodiremos –visita nostálxica— ó noso vello Instituto pra, deseguida, participar nun xantar de confraternidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario