Rajoy terá que incluir no seu programa a defensa do medio ambiente e a loita contra o camio climático. Sarkozy xa a ten anunciada i en breves días vaise reunir con Al Gore. Rajoy terá que se esmerar no programa, gañar credibilidade en relación coas infracciós que se dan na ría de Pontevedra, das que sempre pasou, sintonizar coa idea europea, pero case non quedan datas. E terao que decir moi claramente mentres ZP estase movendo na línea axitadora e anticlerical a consecuencia do comunicado dos bispos, ó tempo que recibe o apoio da xunta musulmana. ¿Qué significado ten eso?
Pontevedra, 4.2.2008
Entrada n. 425 do blog.
Traballo que debe aparece no Diario de Pontevedra e o Xornal.com, con data d´hoxe. O autor, que non é politólogo, tenta achegarse á problemática das elecciós anunciadas pró 9M.
Como os españoles todos, os bispos tamén están convocados ás elecciós do 9M. Que teñan recomendado na súa debatida nota que se vote a opciós que defendan o dereito á vida e á familia; que se teñan pronunciado en contra do terrorismo ou denunciado as dificultades crecentes pra que os pais poidan optar pola Relixión como asignatura na que educar ós seus fillos; que defendan tamén “a vida humáa en tóda-las súas etapas” e reclamen igualmente medidas de integración social, de atención prós inmigrantes e mulleres maltratadas; tamén de defensa da natureza, é algo que non debería ser cuestionado si realmente estamos en democracia. Pero parece que as críticas parten dunha información previamente sesgada e manipulada. Din algús, cunha carga de odio que non se entende, que están a pediren que non se vote ó PSOE, cando realmente están a popoñeren que se vote en conciencia, e a súa recomendación pode mesmo aconsellar un programa certo de actuación social.
Reproduzamos parte do comunicado: “Parécenos que os inmigrantes están especialmente necesitados de atención e axuda. E, xunto cos inmigranes, os que non teñen traballo, os que están sós, as mozas que poden caer nas redes da prostitución, as mulleres humilladas e ameazadas pola violencia doméstica, os nenos, obxeto de explotaciós e abusos, e os que non teñen casa nen familia que os acolla. Hai que traballar tamén pra sobarda-las inxustas distancias e diferencias antre as persoas e as comunidades autónomas, tentando resolve-los problemas máis agudos, como son o traballo, a vivenda accesible, o disfrute equitativo da natureza, compartindo tamén dons indispensables prá vida como a auga e coidando con esmero o patrimonio común da creación”. Esta parte do discurso non é criticada. ¿Por qué se hai nela moita denuncia que se podería concretar pola actitude inorde do goberno e da oposición?
A xunta islámica pideu o voto prós “progresistas”, mais parece que á hora de xulga-lo referente musulmán bótase man dunha vara distinta de medir que cando se censura ós curas de Roma. De certo, parece como se a Igrexa lle brindara desta volta un gran servicio ó PSOE ó lle posibilitar unha serie de soflamas en contra dela, o flamear dunha serie de bandeiras de carácter anticonfesional coas que poden tentar distraer ó persoal de asuntos como o da recesión, a inflación, a carestía da vida, a crisis na construcción, o problema derivado das hipotecas “subprime” que vai mazar, fundamentalmente, nos máis homildes, nas víctimas dos traballos precarios, que non teñen a posibilidade de blinda-lo seu futuro como fan os altos cargos co plus que precisen prá “dignificación” do exercicio público. Sí, moitos dos déficits que se dan na política social están aludidos no documento dos bispos de forma clara.
Así vísta-las cousas, ¿por quén votar? Ou perguntado doutro xeito, ¿de quen temos de nos defender? Porque moitos cidadáns non ven que exista unha opción clara, cun programa mínimamente coherente. No fondo, a sociedade procura estar á defensiva, moita xente nela non cree nos partidos porque o exercicio da política, privado de transparencia, privado da acción dunha Xusticia independente, derivou a unha situación de “agnosticismo” en relación cos diversos discursos dos partidos. E non parece posible a práctica dun voto exemplar, como se non quedase outra opción que a de votar polos menos malos. Esa ven sé-la misión cidadá do mes de marzo. Como decía Gabriel Albiac o pasado 1 de febreiro, en La Razón, “un é cidadán en lexítima autodefensa fronte a esa apisonadora [encarnada no Poder], que vai sobrevivir contra tódo-los nosos esforzos”. Coido que o filósofo define con toda crudeza a situación que realmente estamos a vivir. ¿Necesidade de votar? Sí, polo menos malo. Non hai outra alternativa. Porque non existen programas debidamente explicados, por existir unha falta real de transparencia. Os discursos, tantas veces opacos, non convencen. Así nos vai.
Pontevedra, 4.2.2008
Entrada n. 425 do blog.
Traballo que debe aparece no Diario de Pontevedra e o Xornal.com, con data d´hoxe. O autor, que non é politólogo, tenta achegarse á problemática das elecciós anunciadas pró 9M.
As elecciós que veñen [4.2.2008],
por Xesús López Fernández

No hay comentarios:
Publicar un comentario