miércoles, 6 de febrero de 2008

A PARALIZACIÓN DA CIDADE [1.09.2001]

En caso de lume ou de infarto, nen bombeiros nen ambulancias. O drama e a morte son consecuencias fixas, de deseño. E xa se ten dado algún caso que podería citar, con nome e apelidos, por culpa do "modelo" talibán de cidade. Data do pasamento: o 2.02.2007. Foto do autor.
Feira Franca 2007. Máis bullanga. Foto do autor.
Feira franca. Os nenos non saben que o futuro non se constrúe a base de grifóns, pallasos ou malabares. ¡E pensar que o equipo de goberno quere elimina-los xardíns da praza d´Ourense pra integralos na Gran Ferrería, a praza fascista --ou estalinista--, coa que están a soñaren!. Foto do autor.

Pontevedra, 6..2.2008

Entrada n. 428 da blog. Outro traballo especialmente crítico en relación co urbanismo necio aquí promocionado. A paralización nel telumbrada é hoxe unha total realidade. So pretexto de crear un modelo de cidade, os aldeáns que nos mandan ignoraron a existencia xa dun modelo real que viña funcionando dende séculos: cidade comercial e cidade administrativa. A vila vella xa nada, ou case nada, ten de mercantil; a cidade administrativa vai perdendo color coa deslocalización agora promovida cara o barrio de Campolongo, onde a urbanización alí en fase de construcción de grandes bloques, ten máis de presidium que de cidade. O estalinismo, ás veces, busca esas voltas e permite que o capital actúe con tal que lle poidan marca-lo camiño: menos cidade, menos capital social, menos convivencia en definitiva. E a vila vella como gran tasca con innumerables metástasis, pequenas tabernas.

A PARALIZACIÓN DA CIDADE [1.09.2001]

por Xesús López Fernández


Cando comezo estas líneas chega a mín o boureo festivo da recén arrancada feira franca. A praza da Verdura estaba chea hai un momento de xentes chegadas do Medioevo: cruzados, peregrinos, damas de alcurnia, mesoneiros, mercaderes, arrieiros. O pregón resultou un tanto apagado, inaudible pra moitos de nós, leído a ras de chan. Non aproveitaron as posibilidades que pra unha lectura escenificada brindaba a balconada do que foi cuartel da policía local, axeitadamente engalanado, ata o punto de que hai poucos días perguntoume un forasteiro se era o axuntamento. E podería sélo nesa Pontevedra medieval agora recreada. Que a festa arranque con ben. Pero hai síntomas de que as cousas poden estar a cambiar e que o equipo de goberno local debe sopesar calquer novo paso que se dispoña a dar en materia de peatonalización e de ordeación do tráfego. Explicareime.

Hai tres anos, a circulación creaba serios problemas en Pontevedra. Ordea-lo tránsito debería ser posible por medio dunha adecuada sinalización. Con semáforos, rotondas e circunvalación poderíase ter resolto a cuestión sen ter limitado o ancho da arteria Benito Corbal-Michelena á estreitez actual. Tentouse vender daquela un plan de beirarrúas, cando do que se trataba era de atranca-lo paso de vehículos pola cidade. A obra, feita de presa e correndo, coas elecciós á vista, quedou mal rematada.E podemos pensar que nesa actuación urbanística –ademáis das facilidades dadas a Carrefour ou a peaxe pagada a Pontevedra Unida, a construcción do Pabellón feiral— radicou a derrota de Pedrosa. Pero manter sen rectificar e como ferida aberta durante dous anos o tramo antre o cruce de Benito Corbal-Daniel la Sota e o da rúa do Chanchullo –ése é o nome democrático-- con Michelena, parece un disparate, sobre todo cando se afirma que no entorno da Peregrina non se pode circular.

Aí comezan a cambia-las cousas. ¿Lembran que se nos afirmou que os comercios de Daniel la Sota, Peregrina e Glorieta, estaban conformes coa peatonalización? Alguén lles contou a trola de que ían vender máis, que na zona vella estaba a pasar eso. ¡Mentiras! O anuncio da peatonalización de Michelena acabou coa felicidade dese comercio --Oliva incluída-- que se ve privado de servicios. Pero nesa zona existe un comercio vivo ó que se tentou afalagar, que agora protesta, e ó que –dun día pra outro— lle brindan a solución dun servicio bidireccional por Michelena dende Chanchullo, porque hai que mimar a ese colectivo. ¡Pois imaxínense o calvario que están a viviren na zona vella dende a peatonalización a toque de corneta ou dende o desmantelamento da praza de abastos! Que non se fíe o equipo de goberno da influencia de nadie, porque hai moito rencor acumulado. Que se enteren, porque unha cousa e vir á zona de esmorga medieval, outra vivir nela ou ter tenda aberta.

A peatonalización en pequenas “manchas” pode ser beneficiosa, pero non se entende a prohibición circulatoria en zonas que eran saída normal do centro. Tal semella que a cidade está entrando nunha fase terminal, que se está paralizando aínda que se disimule coa bullanga que hai pouco xustificou a reinauguración da praza da Verdura que –ós poucos días— ha tornar a ser depósito de material de obra, retirado con motivo da feira franca e que supoño que hoxe, luns, comezarán a recolocar. Moito marear, decimos aquí. E nos perguntamos se non será tarde pra rectifica-lo rumbo. Entendemos que fai falta un maior consenso e que o diálogo coas asociacións de veciños non debe servir de salvoconducto, porque son poucas as xentes realmente representadas polas mesmas. Que na zona vella non se teña artellado unha protesta forte non quer decir que non haxa malestar, que existe como nos sectores do comercio agora afectados. É triste non se teñan percibido os avisos que parece se dan agora i é bo que se articule unha amonestación masiva que impida a total paralización circulatoria e mercantil da cidade. Ou que a xente se marche.

No hay comentarios: