martes, 19 de febrero de 2008

RETRINCOS SOBRE AS ELECCIÓS [19.02.2008]

Ence i Elnosa, dende Lourido, pecado compartido polos tres partidos presentes onte no debate do Liceo Casino, que carecen de mensaxe ambientalista. ¡Cantantes!.
Rosa Díez, saboteada na Universidade Complutense de Madrid. O rector, membro da Plataforma PAZ da cella luciferina, de apoio a Zapatero, non vai denuncia-la actuación dos radicales. Días despois e, nunha desafortunada intervención, Felipe González dixo que tamén a el lle reventaran algunha intervención en tempos pasados e que non por éso chorara.
Con cabeza y corazón, novo cartel de campaña de Rajoy.
Fidel anuncia a súa retirada. ¿Raúl sigue?. ¿Resistirá máis tempo Cuba a privación de todo, a involución causada por un réxime que non foi máis alá do deseño dun Gulag despiadado? ¿Por qué a esquerda española nunca foi crítica co réxime castrista? ¿É que acaso ven ser un paradigma do progresismo que levan in péctore, máis alá dos discursos vácuos?
Sabotaxe en Santiago á conferencia de María San Gil.

Pontevedra, 19.02.2008

Entrada n. 440 do blog.

SOBRE AS ELECCIÓS.

Fidel se retira.- Diríase que incluso queren meter na campaña a revolución cubá, agora que Fidel Castro anuncia a súa retirada. Pasádo-los cincoenta anos de dictadura permanente, sen capacidade pra desenvolver mínimamente unha industria autárquica, a era Castro chega á sua fin. E non se ve na poboación da illa unha especial ledicia, senón o electroencefalograma plano no que decantou a persistencia en institucionaliza-lo Gulag, o terceiro grado despois da axitación e propaganda e da represión.

Pero mellor que a reportaxe histórico que pasaron os medios, por exemplo CNN+, sería que presentaran certo powerpoint que anda por internet e que con gusto lle remetiría a quen mo solicitase. Nel aprécianse unha serie de decorados urbáns nos que os distintos espacios que aparecen mostran o esmorecemento do país, o deterioro, a ruina total, o logro do réxime.

Nalgún espacio teño contado dun amigo meu, curmán de Fidel, fillo dos padriños de Raúl, nacido en España. Este amigo é o último de catro irmáns e, se ben o seu pai emigrara cando o de Fidel, un bo día acordou retornar. ¿Qué facemos aquí? E volveuse coa muller e tres fillos. Foi despois de botar raíces aquí de novo cando naceu o meu amigo que, curiosamente, emigra adolescente a América, pero xa non-o fai a Cuba, gobernada ou desgobernada polo seu primo comunista. Faino a Venezuela, da que xa está de volta dende hai anos. Non quero dar máis pistas sobre a súa identidade.

Lembremos, de tódo-los xeitos, que nos diversos programas de intercambio que houbo antre España e Cuba, os camiós Pegaso que chegaron a Cuba daban mellor resultado que os que lle fornecía a Unión Soviética. Deixo dito ésto pra que conste que España, sendo un pais aillado, foi quen de poñer en marcha unha economía autárquica que Cuba, en cambio, non soupo crear.

Elecciós en España. Aínda non é momento de falar de pulsión de cambio, pero sí de que hai medos ante a tensión, o "dramatismo", os insultos que Zapatero está a incluir nas súas intervenciós á procurado do voto dos radicales, dos anticlericales, da chusma en xeral. Non parece que esteamos a vivir nun estado democrático. E si o outro día foi María San Gil a boicoteada e agredida polos de Agir (irmanados con ETA-Batasuna), onde reventaban na Universidade Pompeu Fabra un acto, unha conferencia, no que ía intervir Dolors Nadal, polo PP. Por certo, os reventadores portaban bandeiras barradas de roxo e amarelo, cun triángulo no que se apreciaba, como na bandeira cubá, a estrela de cinco puntas. Dolors Nadal, que pensa volver á Pompeu Fabra pra pronuncia-la conferencia, acusou ós partidos de non ter condenado claramente o atentado.

E por se fora pouco, hoxe houbo outra presencia radical na Complutense, nun acto concurrido, no que Rosa Díez, que non dispón de apoio mediático, presentaba o seu programa. E a pergunta é fácil: ¿Quenes están detrás destos sabotaxes, destas ofensas á democracia? ¿En qué conciencias está encastañado o enanismo que teme a explicación serea, a conferencia académicas, a defensa da libertade?

Entrevista a Rajoy.- Foi onte, en Tele5, actuando de entrevistador Pedro Piqueras. O home está facendo demostración de sereidade e vai expoñendo o seu programa, argumentos, demandando tolerancia e lembrando, sen insultar, os puntos débiles do discurso de Zapatero, o seu anticlericalismo absurdo, as mentiras. ¿Por qué non contestan PSOE e IU á petición de votos prá súa opción feita pola Xunta islámica? A ese respecto calan, como se non oíran.Na fin da entrevista e, coa limitación que se queira supoñer, unha maioría de espectadores telumbraba unha victoria de Rajoy.

Debate en Pontevedra.- Foi no Casino de Pontevedra. Participaron Ana Pastor, Antón Louro e Olaia Fdez Davila. Orientáda-las intervenciós como no programa "59 segundos". Coido que deplorable en xeral, a intervención máis coherente pareceu a de Ana Pastor. ¿Pero non haberá máis temas dos que falar que os das "infraestructuras e circunvalación, Ence, e o idioma galego"?.

¿A que coño lle chaman idioma galego PSOE e BNG, que Louro mentou como galegoportugués? E Olaia sigue coa teima de falar de Galiza, dun país distinto. ¡Pero se o idioma que queren introduciren nas galescolas xa non é o vello idioma do país, senón o galegués parido polo Bloque e aceptado por unha RAG que debería desaparecer!. O galego é un idioma independente, próximo ó castelán máis que ó portugués anque a moitos lles doa. Quéreno facer evolucionar cara a ortografía reintegrada do portugués, un idioma que foi fortemente afrancesado, afastado do galaicoportugués medieval.

¡E falaron tamén de Ence! Os tres. Pra decir, en definitiva, que non tiñan a solución, que están estudiando posibles ubicaciós pra salva-los 275 postos de traballo, pero lonxe todos de solicitar que a xusticia actúe xa na reposición da legalidade. ¡Se non-o fan nen coa sentecia do TS dictada en relación co paso a nivel da praza d´os Praceres, ¿qué nos queren vender?

Faltaron perguntas sobre ese tema, como a da nulidade radical que se dá en relación con Ence, Elnosa, Holcym, a Depuradora d´Os Praceres e a propia autovía, ademáis do tren, pecado dos tres partidos presentes no debate, sen programa ecoloxista.

No hay comentarios: