martínmorales, abc, de cando mandaba bermejo e os xueces declarábanse en folga.
esteban, la razón. Ministerio do Interior. Trofeos.
esteban, la razón. Ministerio do Interior. Trofeos.
esteban, en La Razón, sobre a versatilidade do euskera, promesa ou ameaza.
Caín, cáustico como sempre, en La Razón. O líder carente de ideas, pero que quer o mandiño. A calquer precio.
Outro chiste de Caín, en La Razón. O home que xa non quer votar, desacougado. Que voten os demáis que eu xa non sei por quén.....
Caín, outra versión en clave electoral. O líder que non promete nada, nada máis que incumprire coas aparentes esperanzas da xente.
Caín, en La Razón. O medo como utopía, expresión plástica.
-
Pontevedra, 28.02.2009
-
Entrada n. 864 do blog
-
O HUMOR, NO DÍA DA REFLEXIÓN,
por Xesús López Fernández
-
Poderiamos decir algunhas cousas en clave humorística en relación coa pasada campaña electoral. Pero imos pasar de todo porque de certo que poucas campañas houbo tan enzudradas, tan enlamadas na chafurda de escándalos e corrupciós, no tremedal da sen razón.
-
Está claro que non abonda con ser decente, haino ademáis que parecer i estar disposto a demostralo. Non pola estridencia dunha megafonía sen reflexión, polo discurso mal feito, pola mentira mal colada o público se vai ver máis motivado pra votare polo cambio que todos prometen ou piden, cando sabemos qu´o cambio é de cada volta máis a peor e que se non hai rexeneración sobran os discursos.
-
Tristemente, algús medios xogaron un papel inícuo, desinformando, e algo pode estar a cambiar, sí, informativamente falando, cando as claves do esclarecemento de certos contubernios asomaron na rede ou na televisión non oficial: Intereconomía, Lanación.es, ElPeriodista Digital, Hazteoir.org, etc.
-
En fin, que foi unha campaña sen compromisos reales, sen un claro discurso sobre Economía ou Ecoloxía, na que, polo dito por algún voceiro convertido en improvisado discurseador, aduvíñase un futuro triste, co mando asumido, como sempre, polos clústers. A prensa d´hoxe aínda daba a noticia dos silencios e propaganda mercada a certos medios, pagados con diñeiro público.
-
En fin, mañán a votar. O que queira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario