lunes, 29 de junio de 2009

CASTELAO ACHÉGASE Ó MUSEO

A escultura de Castelao pode ser agora un arma letal. Baixo a capa e coa man dereita pode estar a soster un alfanxe, diríase; polo menos a propia prenda pode ser alfanxe en por sí, tal como está presentada, pra que alguén que dea un mal paso ó baixare as escadeiras quede alí espetado,....
... mentres coa man esquerda parece quererlle dar énfasis ó seu discurso, traicionado desta volta polos ayatoláhs da accesibilidade.
Castelao estaba ben onde estaba, nos xardíns da avenida de Santa María. Pero a teima deconstructora da cidade, dos ayatoláhs que nos gobernan, non respeta a elegancia que transmitían certos recantos. Pouco a pouco, a miseria vaise estrando pola cidade enteira. Pasou antes co monumento de Alexandro Bóveda, pasa agora co de Castelao....
que o reconvirten en peatón, case en arma letal ó pé da escadeira que fixeron onde antes estaba a balaustrada do Museo. Hei inserir algunha foto propia, pero esta de La Voz de Galicia mostra a Lores e Teresa Casal na "inauguración" doutro paso da deconstrucción da cidade.
-
Pontevedra, 30.06.2009
-
Entrada n. 1002 do blog

CASTELAO ACHÉGASE Ó MUSEO,
por Xesús López Fernández
-
Mellor dito, achégano. Con cada actuación urbanística dos nosos gobernanes locales, a cidade sae máis e máis derrotada. O monumento a Castelao, na Avda. de Santa María, estaba ben ubicado, sobre aqueles xardíns, espacio privilexiado desaparecido.
-
Pero na nova ubicación queda convertido nun instrumento que pode causar máis dun disgusto, feridos ó baixare a escadeira de Padre Luís, que non deseñaría nen o que asou a manteiga. Ou tamén pódese mancar algún neno dos que están permanentemente xogando ó fútbol ante a fachada do museo. Eso demostra o que lle importa a cultura a estos mandiños, que sí aproveitaron o traslado da escultura pra outro acto que, como se aprecia na foto, non foi compartido nada máis que por algún curioso que por alí pasaba ou por xentes da súa tribu.
-
Enlace:

La Voz de Galicia, 28.06.2009: Castelao se achega ó Museo.

2 comentarios:

Sísar dijo...

Teñen a osadía de decir que mira hacia a súa Balustrada, agora!! Cando Mosquera dixo que Castelao non a puxera ahí e que fóra despois da seu falecemento cando se instaurara como aparcacoches. Demostrouse todo mentira e aquñi non pasa nada.
Castelao deixou ese museo convertido nun só a través da Balaustrada que destrozaron. Uns asesinos da nosa historia.

xesús lópez fernández dijo...

Dacordo.
E convertiron á súa estatua en gran peligro, César. ¿Qué queren representar? ¿Que forzaron a Castelao pra que baixara pola escadeira-peligro?
Hai escasos días que estiveron a punto de se carga-la balconada do museo. Bateu contra ela un camión e deixou a columna do esquinal desequilibrada. Non sei como lograron reconducila, porque o dano parecía severo.
Cando embuche no PC unhas fotos que lle fixen terei ocasión de presenta-la lesión da balconada á que pode estar mirando, desta volta, Castelao.
Sacárono dun dos espacios máis elegantes de Pontevedra, despois de arrasalo, pra convertilo en co-responsable dalgunha posible lesión, como digo na entrada.