jueves, 28 de enero de 2010

O PARLAMENTO EUROPEO VISITARÁ A RÍA DE VIGO

Parlamento Europeo durante a sesión de denuncia de dous colectivos vigueses por diversas agresiós ambientales.
-
Pontevedra, 29.01.2010
-
Entrada n. 1142 do blog
--
O PARLAMENTO EUROPEO VISITARÁ A RÍA VIGO,
por Xesús López Fernández
-
Onte visitaron o Parlamento Europeo dous colectivos vigueses, prá denuncia de diversos temas ambientales. Téñase presente que a fronte xudicial aberta en relación coa presunta ilegalidade da depuradora d´O Lagares foi incoada a instancias da Asociación Ecoloxista Salvemos Pontevedra, algo sobre o que estos pasados días se interesaron os afectados pola edar indebidamente consstruída.
-
Que unha comisión do Parlamento Europeo se achegue á ría de Vigo, debería ser compatible, obrigado incluso, cunha visita da mesma á ría de Pontevedra, espacio sensible, prá que existen uns claros proiectos de depravación, vs. edar d´Os Praceres, os recheos do Porto de Marín xudicialmente condenados, o complexo industrial contaminante de Lourizán, e a posible intención da Xunta de levare adiante a construcción dunha papeleira, en contra da promesa electoral do actual presidente Núñez Feixóo, de recupera-lo litoral de Lourizán, algo que non entra nas cabezas pensantes dos redactores do PXOM, que tamén debería conoce-la UE, ademais de enterarse de que o colectivo citado no primeiro dos parágrafos hai tempo que denunciou a edar d´Os Praceres, por ilegal en relación coas leis españolas, asunto que permanece prolapsado no TSXGalicia, a pesar da xurisprudencia existente en casos como os das depuradoras de: Reza, Cortiguera ou Suanzes, Aranda de Duero, sobre as que existe sentencia firme de derribo.
-
-
-
-

1 comentario:

Natalia Pastor dijo...

Como bien dices, no sólo debería ser la de Vigo, si no también la de Pontevedra.
Aquí en Andalucia se han cometido auténticas aberraciones, y curiosamente, ninguna comisión europea ha venido a investigar los desaguisados.