sábado, 30 de enero de 2010

VIGUESES EN BRUSELAS

Acabáronse as mareas por falta de política e policía medioambiental. Dibuxo de Xesús López.
-
Pontevedra, 31.01.2010
-
Entrada n.1144 do blog
-
Artículo pró luns 1.02.2010
-
Vigueses en Bruselas,
por Xesús López Fernández
-
Tres colectivos vigueses estiveron na Comisión de Peticiós do Parlamento Europeo, a pasada semáa. Parcos de noticias os medios --¿por qué razón— parece que o representante dos afectados pola depuradora d´O Lagares sí soupo concreta-las razós polas que Coruxo se opón á ampliación da edar e sinalou, apoiado polo eurodiputado Willy Meyer, que o anteproiecto infrinxe diversas directivas europeas, razón pola que solicitou a suspensión de fondos comunitarios –uns 104 millós de euros— prá obra, ata que a Comisión Europea elabore un estudio sobre o deterioro da ría de Vigo. Solicitou que a dita comisión visite ó concello vigués. Os afectados califican a obra, que está denunciada ante a Xustica, de ilegal. Unha rotura do emisario con vertido ó propio Lagares, perto das marismas, avisa do seu peligro.

A Lei de Costas do 22.07.1988 explica na súa exposición de motivos as razós da súa promulgación, porque a anterior Lei, do 1969, e unha Lei de Protección de Costas do 1980, carecían de forza pró remedio que había que poñer en marcha, si queremos salva-lo litoral. E nun dos parágrafos fai referencia ós que se poden citar como “casos máis lamentables de degradación física […] a destrucción dos máis importantes núcleos xeneradores de vida no medio mariño, as marismas. Moitos destes espacios […] foron destruídos baixo pretendidos motivos sanitarios, económicos ou agrícolas, incluso con subvenciós económicas i exenciós tributarias….”. Aquí, en Pontevedra, temos un exemplo real de degradación do medio mariño, comezando polo enclave industrial de Lourizán e os recheos do Porto de Marín e sobre todo pola desecación das xunqueiras, as súas depuradoras biolóxicas.

Parece que, como consecuencia da presencia viguesa na Comisión do Parlamento Europeo, a UE vai investiga-la situación da ría de Vigo. ¿Por qué non, tamén, a de Pontevedra, onde existe igualmente outra edar, a d´Os Praceres, imposible coa Lei de Costas na man, art. 44.6, e que un PXOM cabal tería que acabar coela a pouco que desenvolvesen a Axenda21Local [da que nada nos contan] na procura da rexeneración do medio mariño?. As depuradoras representan un serio problema, daí que a Lei de Costas prohiba a súa instalación na ribeira do mar. Teranse que construir por riba dos vinte metros da franxa de protección. E a responsabilidade de cumprir coa lei é de todos e non vale mirar pra outra banda. No caso de Pontevedra, a responsabilidade do mal feito pode ser definida como culpa das tres administraciós, como tamén a posible perda dos fondos de cohesión por ter feito, parece, mal os traballos.

No título preliminar da citada Lei dísenos: ”1. A presente Lei ten por obxeto a determinación, protección, utilización e policía do dominio público marítimo-terrestre i especialmente da ribeira do mar. 2. A actuación administrativa sobre o dominio público marítimo-terrestre vai persegui-las seguintes fins: a) Determina-lo d.p.m.t. e asegura-la súa integridade e axeitada conservación, adoutando, no seu caso, as medidas de protección e restauración necesarias. b) Garantiza-lo uso público do mar, da súa ribeira e do resto do d.p.m.t., sen máis excepciós que as derivadas do interese público debidamente xustificadas. c) Regula-la utilización racional destes bens en términos acordes coa súa natureza, as súas fins e con respeto á paisaxe, ó medio ambiente e ó patrimonio histórico. d) Conseguir e mante-lo axeitado nivel de calidade das augas e da ribeira do mar.”. Os vigueses acodiron a Bruselas. En Pontevedra haberá que pensar en máis do mesmo porque, ¿qué autoridades están a facer aquí a policía recomendada pola Lei de Costas, senón os veciños coa acción popular, algo tamén recomendado na citada Lei e na Constitución?. A nosa democracia está descafeinada, case quebrada. I España, din, pode ser un lastre prá UE. Galicia tamén. Aquí sobran exemplos de cousas mal feitas, como as denunciadas polos vigueses en Bruselas.
-

2 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

Son tantas las irregularidades y situaciones que habría que denunciar, que la presencia en Bruselas parece cosa más de figurar y del "pinto-pinto-gorgorito", que de uan selección rigurosa de por qué si Vigo y no Pontevedra.
En fin...

xesús lópez fernández dijo...

Tenéis razón.
Ponteedra hace tiempo que debería de haberseplantado ante Europa porque:
1.- Llevamos años con la amenaza del escape de cloro.
2. Los moluscos de la ría de Ponevedra están contaminados y los franceses, a la hora de importar mejillón gallego piden un "certificado del Instituto Español de Oceanografía acreditativo de que el mejillón no es de la ría de Pontevedra, ni de los sectores de Melojo y el Grove, en la ría de Arosa". Y eso aconecía ya en 1978.
3.- Cúmulo de enfermedades del tracto respiratorio, cáncer de colon, colon sangrante, conjuntivitis, hasta el punto de que hay como quince veces el número de alergólogos que, a igual población, están establecidos en España.
4.- A la Ly de Costas le han estado dando bofetadas continuamente y actualmente quieren convertir en solar las marismas de Lourizán.
5.- No han redactado la agenda21Local al tiempo que desarrollan un mal plan de ordenación municipal.
6.- Quieren seguir agrediendo con nuevas infraestructuras parajes protegidos, o estrechar aún más la ría.
7.- La desecación de las junqueras no debería ser reversible, pero nadie se ha planteado su recuperación.
8.- La edar de Os Praceres está denunciada ante la Justicia por la Asociación Salvemos Pontevedra. Están denunciadas las tres Administraciones, presuntas delincuentes, porque la han construído en zona deslindada como d.p.m.t. siendo ministra Isabel Tocina.
9.- Además de los fondos recibidos de la UE para la edar, habría que devolver los fondos Urban para la reactivación del casco histórico y su dinamización. No se ha hecho nada al respecto más que malgastar los cuartos.
10.- Existen por lo menos tres sentencias firmes del T.S., en relación con actuaciones contra el medio natural y urbana. Y una foto finish de la corrupción: Una locomotora Mikado tirando del tren inagurual al puerto de Marín, que a tenor de una de las sentencias ya no podría pasar por la plaza de Os Praceres. Protagonistas de la corrupción, en esa foto: los populares Manuel Fraga y Cuiña Crespo; Tonecho, del PSOE, alcalde de Marín, y el estalinista Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.
11. Etc. etc..