martes, 16 de noviembre de 2010

ALTO NIVEL DE MERCURIO EN PONTEVEDRA

Caín, en La Razón. Os haitiáns poden estaren xa en condiciós de lle pasare o testigo da súa existencia temporal a outro país. En Pontevedra e Marín pode pasar outro tanto, dilapidado o noso entorno, a nosa ría, e aburada a nosa existencia decote por unha camada de xentes doudas que entraron na política.
Complexo clorocelulósico na avenida de Marín, que debería tamén desaparecer, causa do alto nivel de mercurio no chan e na atmósfera pontevedresa.
-
Pontevedra, 16.11.2010
-
Entrada n. 1356 do blog
-
ALTO NIVEL DE MERCURIO EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Altos niveles de mercurio siguen producíndose no entorno de fábricas de cloro como as existentes en Lourizán, Pontevedra, i en Flix, Tarragona. Greenpeace apuntaba, xa no 2008, que o nivel de mercurio non tiña variado nos últimos dez anos. Pero agora hai novos datos:
-
O aire dos concellos de Pontevedra (en Lourizán) e de Flix (Tarragona) manteñen niveles "moi elevados" de mercurio no aire, que sobardan "con creces" o límite marcado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) prá exposición crónica, según o informe "Inmisiós de mercurio na industria clorcáustica 2006-2010" presentado por Ecoloxistas en Acción, dentro da campaña internacional 'Mercurio Cero'. A noticia sigue:
-
O estudio ten realizado mediciós de mercurio ó longo do pasado verán perto das fábricas de cloro que siguen a usare mercurio, mediciós que foron comparadas coas feitas nos anos 2006 e 2007. Estas mostras foron analizadas polo laboratorio de Bioxeoquímica de metales pesados na Escola Universitaria Politécnica de Almadén (Ciudad Real), da Universidade de Castilla-La Mancha.
-
Asimesmo, ó longo dos traballos tense detectado a existencia de mercurio no chan das hortas, o que indica claramente qu´a industria do cloro emite "moito máis mercurio do que declara ofricialmente, poñendo en peligro a saúde dos veciños e a calidade do peixe que consumimos". A noticia non fala dos moluscos: ameixas, croques, navallas, vieiras e mexilóns, que obviamente deben estar máis preñados de mercurio qu´os peixes. Ecoloxistas afirma que a presencia de mercurio sigue aumentando no medio ambiente e tamén no corpo humán, pero que as autoridades non toman medidas.
-
En Pontevedra tomouse sempre de coña esta asignatura, mentres ó mellor se lles pasaba aviso ós franceses do extremo risco que entrañaba o consumo do mexilón da ría de Pontevedra e dos sectores de Meloxo e O Grove, na ría d´Arousa. Como tamén agora siguen coa coña da marea roxa cada vez que lles convén xustifica-la prohibición prá extracción do marisco, prohibición que ás veces levantan en vísperas de elecciós por temor ó efecto dun rebote social, que faga masa crítica na conciencia das xentes a información de que son os gobernantes os principales implicados na degradación do medio ambiente, vía contaminación urbáa, industrial, ou por instalaren depuradoras que malfuncionan en contra das prohibiciós establecidas na Lei de Costas.
-
Enlace:
-

6 comentarios:

josele dijo...

muy interesante este post. Me pregunto yo que efectos puede estar haciendo ese mercurio en los niños y recién nacidos,, expuestos tanto por respiración como por alimentación a ese peligrosísimo metal pesado en sus organismos. y que pasará durante su vida adulta, cuando se acumule en sus tejidos cerebrales... habrá que llevar a una generación de líderes políticos y empresariales al Tribunal Penal Internacional de La Haya por crímenes contra la humanidad.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Josele:
Cando se fixo o Escorp I (Estudio da contaminación da ría de Pontevedra), o vertido de mercurio foi estimado en algo máis de 13gs. por tonelada de cloro fabricada; anos despois, ó concluíren o Escorp II, detectouse que non houbera corrección e que, lonxe de baixa-la cifra, ésta aumentara ós 17gs.
Despois, o informe agachárono, negaron incluso a súa existencia.
Pero fíxate nunha cousa: aínda onte ou antonte falaba a prensa do mal de Crohn, ou colon sangante. O médico que fixo as declaraciós falou do seu aumento, pero desconocendo a súa orixe.
Pois según me teñen informado, o mal de Crohn ten unha certa presencia antre as xentes de Lourizán-Praceres.
Aquí habería que montar unha especie de proceso de Nüremberg, pra procesare a tanto mañufe encirrado en acabar co noso medio.
Acordémonos tamén de cándo se redactaba o boletín epidemiolóxico de enfermedades de obrigatoria declaración.
As enfermedades do tracto respiratorio no núcleo de Pontevedra-Marín, triplicaban, en términos absolutos, as producidas en Vigo e a súa área.
Pero eso resolveuse: suprimiron a inclusión das citadas enfermedades no boletín. As enfermedades desapareceron. O "mérito" foi de Fraga.
Saúdos.
Saúdos, Xesús.

Javi dijo...

Josele yo mismo tube que emigrar de Pontevedra porque soy asmatico y alergico y no podía vivir ahi. Los medicos me dijeron que el problema era la humedad de Pontevedra, pero ahora vivo en una ciudad mas humeda (Valencia) y me encuentro mucho mejor de la alergia y asma, que practicamente me ha desaparecido.
Desde luego que hay que tener cojones para comerse algo de nuestra ria...

o blog de xesús lópez dijo...

O problema nunca foi a humedade, senón o pestazo da Celulosa, ademáis dalgún qu´outro escape de cloro.
Os médicos decían o que lles conviña, menos nalgún caso, que algús chegaron declarar que en Pontevedra había máis alergólogos que en nengures. ¿Por qué? ¿Pola Celulosa?. Pois claro, que eu tamén tiven ós meus dous fillos con problemas de tipo asmatiforme.
Outroe médicos teñen falado das conxuntivitis, indicando como causa determinante das mesmas, as emisiós do complexo clorocelulósico.
E tamén un especialista de dixestivo chegou imputar ó noso complexo industrial como causa principal dos casos de cáncer de colon, etc.

Eu, por sistema, nunca consumo moluscos da ría: ameixas, croques ou berberechos, mexilóns, vieiras.

Pero aquí os políticos son os principales culpables de que non se teña saneado a ría da concentración de miseria existente. ¿É causa do complexo? Porque eles queren, e sendo algo tan evidente, haberá que presumir que tamén aquí funcionaron e funcionan os fondos de reptiles.

Pero non queren que actuémo-los cidadáns pola vía da acción pública ante a Xusticia. Aínda hoxe lle propuxen a un par de amigos, animeinos [un do PSOE, outro do PP] prá constitución cunha nova candidatura, que podería levare como lema algo así como "Por unha Pontevedra desparasitada", ou algo así lles dixen, porque esos amigos saben de presuntos corruptos dunha e da outra banda; mellor dito, das tres bandas, que é o xogo que de momento estáse a dar..

josele dijo...

Este es un tema muy interesante. Ya os digo que para mí, digno del Tribunal Penal Internacional de La Haya, o de un proceso de Nüremberg como bien dice Xesús.

Javi también plantea una reflexión interesante:

EL EXILIO MEDIOAMBIENTAL.

Por si las causas económicas no fueran pocas para expulsar de la ciudad a miles de jóvenes pontevedreses, ahora resulta que además, existe un exilio forzoso por causas de salud...

Lo de Pontevedra es un Poema, que no tiene nombre...

o blog de xesús lópez dijo...

Teño preparada outra entrada que vou inserir en cousa de minutos. É un contínuum do que se dí nesta, xa qu´o Faro de Vigo volve hoxe sobre o asunto.

Gústame esa definición que fas, Josele, a constatación dun exilio ambiental certo. E non dubido que pra algús tratouse dun exilio post-mortem. ¡Cántas xentes non terán fenecido como consecuencia de procesos asmatiformes severos, alá polos anos 70!.
Saúdos, Xesús.