lunes, 1 de noviembre de 2010

A IRRACIONALIDADE DE FOMENTO

Únicamente o diñeiro mal adquirido ven se-la medida exacta dunha persoa. Chiste de Caín, en La Razón. Capo ou político, o home pode presumir da súa fortuna cun mar ó fondo que non é o de Lourizán, e non se vai rexenerare nengún partido que non estea disposto a devolverlle á natureza o seu signo: Lourizán, bandeira azul, praia de Pontevedra.
E terán razón os homes de Aravaca que parece retratar Caín, en La Razón, porque en relación có noso entorno, coa nosa ría, co noso medio ambiente, vemos que Goberno e oposición teñen un mesmo discurso: a mentira.
-
Pontevedra, 1.11.2010
-
Entrada n . 1335 do blog
-
A IRRACIONALIDADE DE FOMENTO,
por Xesús López Fernández
-
Cando están en marcha novas ameazas en forma de infraestructuras prá destrucción da sustentabilidade, pr´acabare coa ría cada día un pouco máis, agora volve Fomento co ferrocarril d´Os Praceres, unha vez máis contra a definición do Estado de dereito que aquí conlevaría a praxis da execución das sentencias do TS, firmes e pendentes de executare.
-
Alá polo mes de Decembro i en relación coa execución da sentencia sobre a ilegalidade portuaria, a ilegalidade de moito do que alí se leva feito, pertunteille a Louro qué tiñan pensado facer pra demostraren qu´o Estado de dereito era algo vivo, qué ían facer coas sentencias promulgadas. A súa resposta foi: "¡Executaranse!". E un xamón de Jabugo, habería que decir.
-
Hoxe publicou unha noticia o Faro de Vigo sobre as novas e previstas actuaciós de Fomento, outra carga de irracionalidade, unha constante neste ministerio con independencia das alternancias de poder que se poidan dar no país. Pero mellor leé-la noticia, da que sigue enlace, porque nela se comenta que incluso o Concello de Pontevedra sería máis partidario de levare o ferrocarril en paralelo á autovía, esquecéndose de que incluso esa infraestructura está asentada en dominio público marítimo terrestre. Pero todos aquí quérense carga-la Lei de Costas, deben te-lo seu particular deseño das marismas de Lourizán como solar. I, en fin, sobre ésto quedan cousas por decir, moitas, ata que a Iniciativa Cidadáa d´Os Praceres acorde tomar en serio o lanzamento do seu partido, a presentación ás próximas locales, pró que poderían ir quentando o ambiente cunha manifestación debidamente orquestada. Porque é moito o nivel de corrupción presumible. Porque atufa, alcatrea.
-
Enlace:
-

4 comentarios:

josele dijo...

"DEMOCRACIA (española) es el sistema político que consiste en el gobierno basado en la irracionalidad más absoluta"

Los grandes teóricos (Rosseau, Platón, Locke, Montesquieu...) jamás pudieron soñar con esta "versión española" de la forma de gobierno denominada "democracia". Bendita sea la Santísima Transición.

o blog de xesús lópez dijo...

Coido que Caín, coas súas demostraciós plásticas, merece un lugar especial antr´os coetáns que están a levantaren acta da involución social causada po-la democracia de mentiras que estamos a vivir.

Javi dijo...

Manifestación ya!

o blog de xesús lópez dijo...

Coido qu´o tema da manifestación había resultar e que, coa experiencia que xa teñen os Veciños d´Os Praceres, non lles sería difícil xuntare cinco ou seis mil persoas.
Eso representaría, cara as elecciós de Maio, que terían representación no próxima Corporación.
Ánimo e comezade cos traballos.