lunes, 15 de noviembre de 2010

MISA NO VAL DOS CAÍDOS

De espectacular lección de catolicidade e civismo, según Luís Fernando Pérez Bustamente, podemos califica-la demostración de fe deste pasado domingo 14.11, coa asistencia á misa de campaña oficiada polos benedictinos do Val dos Caídos, na explanada porticada da basílica.Ante a actitude prohibicionista do Goberno de ZP, sendo o bloqueo ó que está sometido aquel espacio consagrado unha acción máis na escalada do laicismo agresivo polo que parecen marcha-los socialistas, como tamén o trato chulesco en relación coa visita pastoral do Papa Benedicto XVI durante a campaña electoral dos cataláns á que acodeu como bombeiro pra ver de salvare algo no que se venta como un vendaval pró próximo 28 deste mes de Santos, a reacción cristiáa apréciase nas fotografías inseridas neste post. Con mal tempo, a xente accedeu en cifras que, según os medios, van dos dous mil ós catro mil asistentes. Unha lección de fervor, sen emblemas políticos de nengún tipo. E non acodeu máis xente porque o acceso fíxose imposible.
-
Pontevedra, 15.11.2010
-
Entrada n. 1355 do blog
-
MISA NO VAL DOS CAÍDOS,
por Xesús López Fernández
-
Primeiro quixeron prohibi-lo culto na Basílica, pero non o turismo; despois, evidenciada que non se trataba dunha cuestión de seguridade, que estaba á vista o rabo do laicismo agresivo, prohibirían tamén o acceso ós turistas. Pero a prohibición, polo sectarismo demostrado tivo, en relación cos cristiáns, un efecto chamada i este pasado domingo foi rotunda a demostración de fe alí concentrada.
-
Algunhas das xentes sofriron rexistros, inspecciós, pra ver se nos coches levaban bandeiras e pretendían converti-lo acto de fé en manifestación política. E o citado Luis Fernando Pérez Bustamante, no seu blog Cor ad cor Loquitur, comenta que o acto convirteu este domingo en día histórico prá Igrexa española, e que xentes de toda España estaban presentes na misa a pesar de ser un día meteorolóxicamente malo.
-
Seguindo e participando da opinión deste blogueiro, os asistentes demostraron que en España aínda hai xente disposta a dar culto público a Deus, aínda tratándonos as autoridades como delincuentes. O de onte, por máis qu´o Goberno non-o queira entender non foi un acto de reivindicación do pasado réxime, senón simplemente unha Misa. As fillas e fillos de xentes do vello réxime [Fernández de la Vega, Fernández Bermejo, Conde-Pumpido, etc.] están hoxe na grea socialista. Coa súa estulticia acaban de converti-lo Val dos Caídos nun fito, nun emblema, nun símbolo da dignidade do catolicismo español.
-
¿Qué busca o Goberno, qué tenta facer, cansare ós frades, impedi-lo culto na Basílica, que se cansen e marchen? Confiemos en qu´a España católica aínda ha saber defende-los valores tradicionales e qu´os monxes benedictinos, no seu día evanxelizadores d´Europa, han seguir activos na reevanxelización do continente, d´España tamén; esa reevanxelización pola que clamou o Papa na súa recén visita. Se Zapatero quer seguir coas súas soflamas de corte anticatólico, despreciando as peticiós, os consellos do Santo Padre, éste aínda lle acaba de dar unha nova lección ó falare da crisis que sofre o mundo, de cómo hai que renova-la economía e apostar pola agricultura, lección simple e sabia, porque no respeto ó sector agropecuario a ás xentes comprometidas nese sector poden esta-las claves desa sustentabilidade da que fala moitas veces ZP cando realmente no país non se está a soster outra cousa que un nivel de corrupción que nos vai levare á quiebra.
-
Siguen diversos enlaces:
-
-
-
-
-

5 comentarios:

josele dijo...

Yo solo digo que mientras los miembros del partido cobran sus nóminas hay 1.600.000 familias sin ningún ingreso que comen a diario en Cáritas. Y según el último censo publicado, el 80% de ellos vienen remitidos desde los ayuntamientos, como en Pontevedra que gastó 21,6 millones de euros en propaganda pero luego a los pobres que los aguante la denostada Iglesia.

Sólo por eso ya debería ser respetada y no hostigada desde el poder.

o blog de xesús lópez dijo...

Tes razón, Josele, pero estos queren tomar carreira, como no 31, como no 34, etc.
Os probes son producto da súa "factoría" de miseria, e así vai o país.
Coido que nos agardan tempos peores.

Elentir dijo...

Moitas gracias por difundir todas estas fotos, Xesús, é unha maravilla contar cun blog en galego no que se dan novas coma ésta.

Un abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, Elentir.
Eu sígoche normalmente. Sorpréndeme a túa capacidade pra reunir información, o seguimento puntual que tes das cousas, as túas conclusiós críticas.
E cando digo "críticas" refírome que a forma de dá-las noticias está basada nunha conciencia ó servicio da verdade.
Un saúdo, Xesús.

o blog de xesús lópez dijo...

Corrección de erratas:
"... cando digo "críticas" refírome a que a forma de dá-las noticias....."