miércoles, 3 de noviembre de 2010

O DRAMA D´OS PRACERES

Un coche pasa sobre as vías no paso a nivel ilegal d´Os Praceres. (Fotografía de La Voz de Galicia)
O tren pola praza d´Os Praceres. Fotografía do Faro de Vigo.
-

Pontevedra, 3.11.2010
-
Entrada n. 1337 do blog
-
O DRAMA D´OS PRACERES ,
por Xesús López Fernández
-
Andan a xogaren co incumprimento da sentencia do TS en relación coa ilegalidade do paso a nivel.
-
Fomento, que debe estar condicionada por escuros intereses, anda a propoñere soluciós que non son tales e que representarían unha nova burla ós veciños d´Os Praceres e ás xentes todas da ría, porque esa obra, como outras tamén sentenciadas, e outras por sentenciar, representarían a fin da ría.
-
Pontevedra xa non é porto de mar, aínda qu´o foi, e o máis importante de Galicia, no comezo do século XVI. Hoxe, arruinado o fondo intermareal sobre o que siguen a actuare dende o Concello os novos paletos da gobernación local, difícilmente pode entrar unha barcaza máis pra riba da ponte da Barca.
-
Pero volvamos sobre o tema d´Os Praceres, que desta volta, coas alecciós (ou eleuciós) á volta de pouco, todos queren vende-la burra dun falso progreso. E agora, na noticia do Faro, poderedes leer o que dí Mosquera, que eles opuxéronse ó deseño do ferrocarril hai once anos, cando éso é unha pura mentira, porque Lores urxira, coido que en Maio do 2000, a construcción do ferrocarril por medio de carta. E na viaxe inaugural, digámolo unha vez máis, na locomotora Mikado ían os catro xinetes da corrupción portuaria: Fraga, Cuíña, Tonecho e Lores, o "ecoloxista".
-
Lembremos outravolta qu´os partidos e concellos implicados en tanto desastre estiveron a mirar sempre cara outros intereses qu´os da defensa da ría. Como que Mosquera outorgou a licencia de primeira ocupación en favor de Gonvarri, outra das empresas que deberían desaparecere coa execución da sentencia, tamén firme do TS. E agora, en relación co ferrocarril dí o mintireiro: "Mantemos o que dixemos hai once anos". Tururú.
-
Siguen os enlaces das noticias:
-
Faro de Vigo, 3.11.2010: O Concello defende a supresión da vía d´Os Praceres, pra iniciare un novo trazado. ¡Cómo queren agora vende-la burra! ¡Pero que levanten a vía xa, antes do Maio electoral!.
-
-

6 comentarios:

josele dijo...

Eladio Torres, un héroe popular que comenzó hace años ya la lucha en representación de sus vecinos contra el idiota más extraordinario que jamás se vió en acción por esta comarca: Don Tomás Iribarren Fernández-Rogina.

El idiota desapareció (patada hacia arriba y rumbo a Madrid con Mariano, su Señor) pero la lucha sigue.

Algún día haremos una cuestación popular para erigir en medio de la plaza un monumento "A los héroes de Placeres". Se lo merecen todos ellos.

o blog de xesús lópez dijo...

Lémbraste do debate de Rajoy con ZP, aquel de "necesitamos tensión" que AP lle comentou a Gabilondo. ¿Sí? Na rebotica do debate e pra lle levare as maletas a Rajoy estaba o tonto de Tomasito, o principal culpable da desgracia portuaria e preseunto servidor de certos intereses.
E Rajoy foi outro blando no asunto da promoción do ferrocarril.
Agora o Concello de Pontevedra, caracterizado por unha continua baixada de pantalós, xoga coa idea de que se execute a sentencia, cando non deixaron de ser outra cousa que un atranco obsceno; mais estamos en tempo prelectoral e agora ata han presumir de defensores do Estado de dereito.
Eladio díxollo ben claramente: impórtalle un bledo o novo proiecto co que queiran xogare, porque Marín xa non ten Porto, a tenor da sentencia que condena a levantare os recheos.
Coido que os veciños d´Os Praceres están nun momento óptimo pra se presentare ás elecciós, convocando antes unha manifestación.
Todo sería cousa de poñerse á faena. Que amplíen a plataforma, que boten man de cidadáns dispostos a apoialos.

o blog de xesús lópez dijo...

Fé de erratas. A prmeira frase é unha pergunta e, onde di AP, debe decir ZP, o que estaba necesitado de tensión....

o blog de xesús lópez dijo...

Outras erratas:...presunto, preelectoral, que se entenden.
Habería que repesca-las fotos da violencia execida contra os de Praceres e mostralas nun blog, polo menos ata as elecciós (ou eleuciós).
Unha campaña orquestada en FAcebook podería deixar coa boca aberta a moitos dos que participan na rede social.
A ver se facemos algo pra levanta-la corrupción que aniña nos partidos.

josele dijo...

Si es buena idea, hacer una "exposición virtual" de fotos que recuerden la brutalidad policial de Partido contra la población civil indefensa.

"El Horror..." que diría Joseph Conrad.

o blog de xesús lópez dijo...

A ver cómo logramos ir recuperando aquelas fotografías, fotogramas dun verdadeiro drama, coa policía convertida nunha especie de exército particular, porque resultou que non estaban a defenderen ó Estado de dereito, senón ós intereses portuarios e das mafias infiltradas nos partidos.