miércoles, 17 de noviembre de 2010

SETE VECES MÁIS MERCURIO DO AUTORIZADO

Foto de Elnosa, a fábrica de cloro con tecnoloxía de mercurio, noticia destos días. (Faro de Vigo, 17.11.2010)
-
Pontevedra, 17.11.2010
-
Entrada n. 1357 do blog
-
SETE VECES MÁIS MERCURIO DO AUTORIZADO,
por Xesús López Fernández
-
Esta entrada ven ser un contínuum da anterior, da n. 1356 deste mesmo blog. A noticia apareceu onte nun buscador www.meneame.net e foi calificada como unha das máis visitadas. Daí que tomaramos interese por ela.
-
Hoxe é o Faro de Vigo o que volve sobre o asunto, daí que incluámo-los enlaces das súas noticias. Denuncíase que a Consellería de Medio Ambiente non faga un seguimento sobre o problema denunciado. Eu diría que tampouco o correspondente ministerio. O que queira entender que aquí existe algún tipo de contubernio político-celulósico-clórico, ó mellor acerta.
-
Pero hai unha cuestión na que o Faro non entra; é a de que Elnosa xa non ten concesión e polo tanto non hai que agardar a que acometan nengún tipo de adoución de novas tecnoloxías [o paso da de mercurio á tecnoloxía de membrana]. O que hai que facer, dito de forma simple, é clausura-lo complexo e acomete-la rexeneración das marismas de Lourizán, deslocalizare tamén a edar de trampa d´Os Praceres, ilegal, ou a formigoneira Holcim, que nunca tivo concesión nen licencia municipal. E o Concello sen actuar, claro indicio dun contubernio no que tería que entrare a Xusticia de oficio. Ou malo se a sociedade non consigue levare ante o Tribunal de La Haya o que podemos definir como unha especie de crime de lesa natureza continuado.
-
-
-

3 comentarios:

Plataforma Defensora Praza de Os Praceres dijo...

Isto ven a confirmar que Lourizán - Os Praceres son a cloaca-patio traseiro da Provincia. Que veña xende de fora a dicirnos a merda que temos na casa e sonroxante. Un novo caso de deixación de funcións das autoridades locais, provinciais e autonómicas. Non miran pola saúde da cidadanía nin teñen pensado, pero da igual, Ence-Elnosa leva 50 anos facendo o mesmo (e antes peor ainda) pero a ninguén nunca lle importou.

o blog de xesús lópez dijo...

Coido que foi no ano 190, ¿ou sería no 1992?, que preparei unha ponencia prá Semáa Castelao de Filosofía.
O título do traballo era "Historia dun holocausto", no que describía o paso a paso da desfeita da ría, da súa contaminación.
Foi un ano no que trataron o tema da Ecoloxía. ¿Pero a quén lle interesou o meu traballo? Parece que nen ós organizadores, xa que nos resumes que fan do seu labor, dos traballos presentados, nunca citaron a miña ponencia.
Claro, o Bloque, que sempre controlou a Aula Castelao, está agora na gobernación, pero tamén é evidente que nunca foron, as súas xentes, verdadeiros ecoloxistas.
Tedes o caso que terían moi fácil: a recuperación do espacio que ocupa Holcim, no que non habería lugar a pleito, porque esa empresa nunca tivo concesión nen licencia municipal, pero a este fato de prevaricadores nunca lles interesou o Estado de dereito.
Seguiremos loitando, pero, ¿non vos lembrades de cándo Salvemos Pontevedra denunciou a Edar d´Os Praceres, por ilegal según a Lei de Costas.
Coido que foi cando se produce unha emisión masiva de endrín, que incluso interveu a Policía Autonómica.
Lores dixo daquela que esa obra tiña un carácter preferencia incluso prá UE, cando resulta que á UE lle están a roubaren os cartos, fondos que haberá que devolver se a Xusticia chega verdadeiramente a atocar fondo neste asunto que de momento teñen encapsulado no TSXG.

o blog de xesús lópez dijo...

Aprecio diversas erratas na miña resposta, que non han pasar desapercibidas: algunha palabra capada, algún tempo verbal, etc.
Saúdos, Xesús.