sábado, 6 de noviembre de 2010

A VISITA PAPAL, PROLEGÓMENOS

Mozos chegados como peregrinos, xa na alborada do día, pra lle dá-la boavinda a Benedicto XVI. (Foto do Faro de Vigo)A estas horas, 11AM, o Obradoiro leva tempo ateigado. Algunhas das persoas alí presentes, chegadas do ancho mundo ou da propia terra, reservaron sitio dend´a pasada noite. Xentes chegadas de Boiro ou Rianxo, de Francia ou Lituania, agardan á celebración da misa polo Papa Benedicto XVI.-
Pontevedra, 6.11.2010
-
Entrada n . 1342 do blog.
-
A VISITA PAPAL, PROLEGÓMENOS,
por Xesús López Fernádez
-
Estase a cobri-la información da chegada papal con profusión de medios. A Televisión de Galicia está transmitindo puntualmente o crescendo da animación dend´os primeiros momentos nos que Lavacolla apresentabase coberta de néboa e que incluso un avión tivo que desvia-lo vóo e tomar terra en Peinador.
-
Vistas do recorrido que vai face-lo papamóvil, cun Santiago espléndidamente coidado; ambiente festivo en espacios como A Quintana, O Obradoiro, información sobre as medidas de seguridade cun Santiago blindado contra os necios que, dalgún xeito, tenten desloci-la chegada do Papa como peregrino mensaxeiro da paz, da concordia; como nas viaxes a Xerusalén, a Sydney, a Inglaterra, ou na súa visita á ONU. Peregrino da palabra e da concordia.
-
Francisco Vázquez chegou moi oportunamente, bombeiro maxistral pra apagare o lume que dend´o seu propio partido tentaban presuntamente provocare, porque andan polo medio xentes trufadas de masonería ou declarados nemigos da Igrexa Católica e da Vida, mesmo apóstolos do homosexualismo que tentan impedire qu´os católicos nos manifestemos como somos e que acollamos ó Santo Padre. Por desgracia, o socialismo ten pendente de reaprende-la historia de España, de recupera-la memoria dos seus horrores, dos por eles producidos.
-
Hai algo que non me gusta no introito da Telegaita i é o uso excesivo do galegués polo locutores novos, a lle chamaren ó Papa "Bieito XVI", no canto de Benedicto XVI, porque estamos no século XXI i é a última forma das transcritas a que debe prevalecer; Bieito é un medievalismo que xa non liga coa psicoloxía actual da nosa lingua. Lembran algús destos imbéciles a Quintana, cando nos seus discursos decía "Galiza...., Galiza..., Galiza...." como especie de letanía pra nos rouba-lo país; do mesmo xeito que estos colaboradores da Galega din agora "grazas, xustiza, espazo, ..." e outras caralladas. Diremos unha vez máis: o idioma da non-patria.
-
Que non lle luxen o nome a Benedicto XVI e acollámolo con respeto agora que está a chegare. Pode ser cousa de quince minutos. El, que no seu escudo ten tamén a cuncha dos peregrinos, iranos falar, seguramente, da reevanxelización d´Europa e do importante papel qu´o Camiño de Santiago pode xogare nestos momentos nos que o home en xeral anda perdidiño.

3 comentarios:

josele dijo...

La masonería de por sí, es anticristiana, antioccidental y para los despistados, advertirles que en los grados superiores, es además ferviente defensora del culto a Lucifer, bajo nombres diversos como "Baphomet" y otras hierbas teosóficas y orientalistas.

Es lógico que odien al Papa de Roma y a la cristiandad como sus máximos enemigos.

Lo del "galegués" ya es otra historia más cutre que tiene que ver con "mesas de subnormalización", plazas de funcionario en propiedad, nóminas, subvenciones y esas porquerías del estalinismo siglo XXI.

o blog de xesús lópez dijo...

Estou d´acordo contigo, Josele.
En relación co tema do "galegués", o instrumento da deriva dos estalinistas do Bloque, menos mal que algo se salvou no acto d´hoxe, que tanto don Julián como Benedicto XVI, e un dos locutores de aspecto máis ilustrado qu´os outros dixeron "moitas gracias" ou "gracias".

o blog de xesús lópez dijo...

Sen embargo e a pesar do dito no comentario anterior, vexo agora, nos documentos escritos, que os saúdos de don Julián e mái-lo do Papa, aparecen trufados de galegués.
Unha falta de respeto prós dous homes por parte dos seus escribas.