miércoles, 17 de abril de 2013

A VIAXE DE NARBONA [2.10.2004]

Estas son ameixas de Lourizán que depuran na ría de Aldán, procedemento costosísimo, porque do gran tremoedo de Lourizán só contaminación se pode extraer. Incluso, polo gran deterioro das rías, o noso  mexilón está a se quedar sen mercado. Curiosamente, de Francia, un país que tiña aviso da contaminación grave dese bivalvo no ano 1978, que nas importaciós esixía un aval do Instituto Español de Oceanografía, un certificado acreditativo de que o mexilón non era da ría de Pontevedra nen dos sectores de Meloxo e O Grove, na ría d´Arousa, foron devoltas hai poucos días partidas de mexilón contaminado.
  
Hoxe recupero outro traballo do ano 2004, en relación cunha viaxe de Cristina Narbona, ministra do Medio Ambiente, ministerio que despois desaparecería. Parece que Cristina Narbona tiña en contra ó seu propio partido, que non pulou pola rexeneración ambiental como tampouco o PP ou o BNG. É máis, no tento de consolida-la autovía a Marín ou na construcción da rotonda da loucura en Mollavao, Pepiño Blanco pasoulle o relevo a Ana Pastor. Todo corrupción. 

Pontevedra, 17.04.2013
Entrada n. 1648 do blog
Artículo do 2004


A viaxe de Narbona, [2.10.2004]
Por Xesús López Fernández

            A ministra Narbona estivo en Vigo os pasados 24 e 25 de setembro. Mentres que o primeiro día celebrou unha xuntanza con empresarios na que afirmou que Ence non tiña futuro na ría de Pontevedra, máis dun asistente debeuse sentir rebotado. Polo menos un certo sector do grupo alí presente, representantes mesmo de Ence e dos acólitos que a apoian na súa teima de permanecere como imprantación colonial de vertedeiro onde xa non pode estar. Narbona foi máis lonxe ó decir que o ministerio levaba tempo en negociaciós coa pasteira pra ver de buscar unha relocalización á súa actividade co que gañariamos en benestar, porque hoxe mantense como unha constante o manifestado polo ministerio da Vivenda no 1973: que a ubicación en Lourizán das fábricas de celulosa e cloro fora un erro do que soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas. Narbona dixo algo máis: que a concesión remataba no 2018 e que non se podía pensar na desafectación das marismas de Lourizán.  Ata aí o sabido do primeiro día da estancia. A súa afirmación sería analizada polo colectivo Salvemos Pontevedra en nota facilitada ós medios o 26.9.

            O segundo dos días visitou as Cíes na compaña de Josep Borrell, o pai da actual Lei de Costas que algús queren tumbar, descafeinar pra seguir acabando co noso mar. Parece que quedaron gratamente impresionados e que, despois desa visita, o Parque das Illas Atlánticas  (aínda non  debidamente conformado) pode recibi-la necesaria atención do ministerio de Medio Ambiente. “Desconociamos esto y sus circunstancias, pero nos vamos con el disco duro cargado”.  Quixera ver detrás desa frase unha clara intención de poñer orde en tantos excesos como se levan consentido e a caducidade real da concesión. E sería bo que a ministra se ocupara de redifini-lo parque natural, que nun obxetivo a corto prazo  puideramos pensar en amplialo, en recuperar e inserir no mesmo todo o que foi declarado como dominio público marítimo terrestre por Decreto do seu ministerio con data 14.10.1996. E a illa de Tambo, naturalmente. Pero o ministerio terá que actuar con transparencia, e cecais o Fiscal Xeral do Estado, se realmente queren acabar coa involución e a conculcación da Lei. E co colonialismo deseñado  no franquismo, idea na que semellan seguir algús políticos doudos do entorno.

            Mais despois do comunicado de Salvemos Pontevedra as cousas deberían quedar meridianamente claras: o secuestro da democracia, a inoperancia da Administración pública (Concello, Dirección Xeral de Costas), a perda ou falta de concesión das catro empresas citadas na nota do colectivo ecoloxista.... Mesmo se poden citar actuaciós recentes do grupo de goberno contradictorias coa bandeira do ecoloxismo que din ter asumida: a urxencia do alcalde Lores pola construcción do ferrocarril dos Praceres, a estratexia xurídica contradictoria do equipo de goberno, os atrancos postos pró exercicio da acción cidadáa amparada pola Constitución, en relación coeste tema. En fin, unha falta total de transparencia. E coido é fácil asumi-lo dito por Beiras en relación co Parlamento, que el define como un tanatorio. Di que se non fede é porque está refrixerado, pero que moitas veces sinte a tentación de marchar. Moito cidadán entende que o Parlamento, se non se pode facer unha oposición viva, convírtese en inútil. E que en Pontevedra alcatrea é algo sabido de todos; o que non se entende é que a situación dure tanto, que algús queiran mesmo perpetuala.

Cunha sociedade máis viva Lourizán estaría recuperado. Pero, contrariamente á afirmación de Narbona sobre desafectación, a Dirección Xeral de Costas non responde ós recursos presentados. Esa é a razón do contencioso administrativo de Salvemos Pontevedra. A postura do equipo de goberno sirve pra aclarar que non van máis alá das simples declaraciós. Non se decatan de que teñen que asumi-la defensa da Lei de Costas con rigor e seriedade. E que se non-o  fan poden perder nas elecciós...  Recuar no campo do progreso, cargarse a Lei,  sería algo tan grave como decir: “porque somos progresistas imos privar de voto ás mulleres”, porque as leis boas haberá en todo caso que melloralas. Aquí e agora fai falta un grupo amplio de xentes, un foro crítico de debate no que mostrar camiños de progreso e que Ence non é nengún aval, senón un lastre. E mo decía un comerciante arruinado como consecuencia do arraso peatonalizador. “Non podo marchar por culpa do negocio do que malvivo, pero esta cidade non ten remedio. Fíxese cómo camiña moita xente. Como zombis. Non se enteran de que os  políticos están todos no mesmo barco. E na Cámara de Comercio esquecen que esta cidade non lle debe nada a Ence.” Un cidadán que pensa, máis ou menos, como Beiras.  ¡E non vai feder se incluso minten ó Valedor do Pobo! Teño probas.   

5 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

Es una pena que los consumidores de marisco comiencen a desconfiar de la salubridad del que procede de esa zona gallega. Y hoy día son muchas las personas que comen tan preciado manjar con precaución por el peligro de la contaminación.

trillian dijo...

A mi Xesus eso de Francia me "huele raro raro" los intoxicados no serian.. etílicos ó sabe D. de que, pero de nuestros mejillones seguro que ...no.
Hace un año mas ó menos tambíen nuestros pepinillos (españoles) intosicaban (mentira) pero por lo pronto lanzan la piedra con el consiguiente perjuicio para España sumamente grave con muchas perdidas mientras no se aclaran las cosas, todos los años tenemos problemas con los franceses por estas epocas, que sila fruta, que si nos paran los camiones que van para Francia etc, yó ya no les creo nada.

Esas ameixas estas pa comerselas jajaajaj.

Unha aperta amiguiño.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,José Luís:
Lo que no se puede es mantener un complejo clorocelulósico vertiendo a una ría que ha sido definida, has más de veinte años, como espacio sensible. En realidad lo son las rías de Vigo, la de Pontevedra y la de Arosa; pero la de Pontevedra ha sido la más castigada, con no pocas enfermedades en su área de salud. Esto nos llevaría largo, pero tengamos en cuenta la contaminación por dioxinas, bifenilos policlorados, mercurio, endrín, etc.
Consecuencias: parálisis cerebral (hay un colectivo en Pontevedra llamado Amencer). Entre las dioxinas descubiertas en mejillón gallego estaba la paralizante, la TCDD, etc. Y eso, que aquí se ha callado, se le ha comunicado a los franceses, que poseían información cabal en los años 71.
Yo, por tener conocimiento de éso, procuro no tomar moluscos de la ría, que por cierto nuestras fábricas de conservas enlatan, por lo menos a veces, mejillón de procedencia chilena como gallego. Un fraude, porque nos hemos cargado el medio ambiente. Que conste.
Un abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Trillian:

Lo de los mejillones queda ya contestado en la respuesta que le doy a José Luís.
Aquí han querido ocultar lo de la contaminación que, sin embargo, fue analizada en las dos fases del plan ESCORP (Estudio de contaminación de la Ría de Pontevedra).
En la primera fase se evidencia que se vierten a la ría 13 gs. de mercurio por cada ton. de cloro fabricada; en la segunda fase no se había corregidola contaminación, sino que se había disparado hasta los 17 gs,
Otras cosas, como los bifenilos policlorados, han sido analizados en laboratorios ingleses por medio de muestras tomadas en esta ría por las gentes de Green Peace, etc.
Y mucho más que habría que hablar.
Unha aperta, Trillian.

o blog de xesús lópez dijo...

Más para Trillian:
Se supone que, en estos momentos, se pueden estar realizando vertidos de zinc y cadmio. Pero tendrá que investigarlo el Seprona.
Unha aperta,