domingo, 28 de abril de 2013

VANDALISMO E PRAIA SOTERRADA

 A nova Lei de Costas inclúe unha cláusula anti-Algarrobicos. O Goberno garantiza que este hotel, xa sentenciado, vai ser derrubado.
Ence-Elnosa, as balsas de decantación, a edar ilegal d´Os Praceres (art.44.6 da L. de Costas 1988), están asentadas no mar, como tamén a propia autovía a Marín. Baixo estas instalaciós está soterrada a praia de Pontevedra, pero os tres partidos presentes no Concello apoian as agresiós (aínda que finxan outro discurso), e dend´o Goberno din que a lei anterior era mala, que ésta que traicioneiramente ven de aproba-lo Senado é mellor. Se o hotel Algarrobico é unha gran agresión, a das marismas de Lourizán é monstruosa, participada polos enanos da Política, e causa da morte desta ría en mancomún cos recheos portuarios de Marín. Confiemos en que algún día, por estaren presuntamente coa mafia portuaria, certos políticos han ser xusgados. (Foto de La Voz de Galicia)

Pontevedra, 28.04.2013
Entrada n. 1656
Artículo semanal pró Diario de Pontevedra.


Vandalismo e praia soterrada,
por Xesús López Fernández

            Nada está claro en relación coa nova Lei de Costas, que o Goberno di mellora a anterior. Non-o creo, pois a do 1988, aínda en vigor, é unha gran lei, que debería ter servido pra poñer orde no litoral español. Pero moitos mandiños locales quixeron corta-lo bacallao pra sí e ver de reconvertiren o terreo demanial en solar ou desafectalo ó servicio da colonización salvaxe representada por diversas industrias ou intereses que levamos sofrido dend´os anos sesenta. De certo, aquí douse unha actuación cotiá contra natura, simulando un “progresismo” que nada ten de tal. Ven ó caso a definición dun conocido ambientalista, Edward James Begley Jr., actor estadounidense de sona internacional: “Non entendo por qué cando destroímos algo creado polo home chamámolo vandalismo, mais cando destroímos algo creado pola natureza falamos de progreso”. Coido que éso ven simplemente, no noso caso, da comenencia do falso discurso político que non quixo afondare na definición do demanio, do dominio público marítimo terrestre que o Estado debe vixiar en beneficio dos seus propietarios, os cidadáns, por ser “communis omnibus hominibus”.

            A casta política depredadora pode ser definida tamén por medio dunha expresión que ven da fracasada revolución parisina do 1968, “Sous les pavés, la plage” (baixo dos adoquíns, a praia), unha especie de metáfora, sí, pero o certo é que o home tense proposto crear praias onde non existían pra convertiren os veráns atrapados nas cidades do interior nun tempo máis pracenteiro aínda sen dispoñeren de costa, de mar. I existen praias creadas polo home onde a natureza non quixo. ¿Por qué existe a necesidade social da praia?... Vaiamos co retrouso, coa cuestión de por qué en Pontevedra, onde tamén existe esa necesidade social, fomos acabando co mar e a súa riqueza,  coas praias que aquí existían e que agora xa non están, porque a fina e abondosa area, na teima mercantilista que tomou forza naqueles sesenta en plan “progresista”, foi tapada con recheos e infraestructuras e industrias de vertedeiro.
                                                     
            Cando aínda non está visible ó completo a nova lei de Costas, sí é noticia en diversos foros e medios. E algús ousan, como se fosen campás, badalexare co seu discurso ecoloxista, xa fóra de tempo.  Demagoxia, á fin, porque aquí sempre faltou  unha vontade certa de facere ben as cousas, de denuncia-las agresiós ó noso medio natural. Imos ver qué pasa coa fábrica de celulosa, o noso permanente martirio; imos ver se realmente a UE investiga sobre a presunta aplicación indebida de fondos dela recibidos en infraestructuras diversas desta ría; imos ver si é de aplicación no noso caso a que xa nace como famosa cláusula anti-Algarrobicos, con referencia ó famoso hotel situado no Parque Natural de Cabo de Gata-Níjar, hai tempo sentenciado e do que o Goberno di non se vai salvar. ¿Pero é que non é máis grave a agresión sofrida en Pontevedra polas marismas de Lourizán ou que non é vandalismo en estado puro a actuación arroupada no porto de Marín pola Autoridade Portuaria, “apoiada” tamén polo ministerio de Fomento?
             
            Se o hotel Algarrobico está asentado na costa, o complexo Ence-Elnosa e as outras  agresiós citadas están asentadas no mar, algo comparativamente máis grave. Lembremos tamén unha sentencia de Xuño do 2011: o TS ordeaba ó ministerio MARM incoa-lo procedemento de cancelación da concesión da vella Ence, da que carece a actual Grupo Empresarial Ence, S.A. A sentencia sería recurrida tardiamente en casación e non se entende que agora, pasados case dous anos, o asunto non estea resolto, algo que dá mal cheirar. ¿É que a nova lei trae preparada a trampa da permanencia? Aínda vai resultar que o TS decrete que xa non procede a execución da sentencia por ter cambiado a lei o Goberno do PP. Confiemos, de tódo-los xeitos, que a acción popular vaia seguir sendo posible e que a propia cláusula anti-Algarrobicos poida ser un aval pra descobri-la gran praia que a casta política soterrou.  

2 comentarios:

candela dijo...

Es la primera vez que leo que una orden de ejecución de sentencia pueda ser invalidada por una nueva ley, pero en cosas más graves que afectan a crímenes han hecho lo que les ha dado la gana, supongo que otra afrenta a la justicia no será cosa grave para ellos.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,Candela:
Tristemente, además, tenemos un presidente al que le importa un pimiento el medio ambiente. En otro país, alguno de sus amiguetes podría estar a buen recaudo, en el trullo.
El ha de seguir parapetado en Sanxenxo, hasta que la ría, ya ciénaga en algunos partes, se concrete allí como un mar totalmente degradado. Y eso no se resuelve con "paciencia" ni con ministros y ministras inicuos como algunos de los que componen su gobierno.
Una vergüenza.
Un cordial saludo.