José Antonio Rodríguez Mouriño, presidente da Fundación Cultural Rutas del Románico, fundada en Pontevedra hai uns 27 anos. Unha clara alternativa ó botellón.
Pontevedra, 3.11.2008
Entrada n. 686 do blog
A verdade é que contra o botellón non se ten arbitrado nengunha solución válida. Afasta-la mocedade de certos barrios do entorno urbán pode supór un alivio certo prós residentes, pero non a solución vital prós rapaces e rapazas, convertidos moitos deles en esquizofrénicos pola vía do pastillamen, nunha das súas noites quentes. Probaron ou lles fixeron probar. Resultado, vída arruinada.
Ter buscado como solución alternativa ós mosquerós que amuraban algunhas vías periféricas da cidade a de levalos ó recinto feiral, como asento dos botelleiros; pensar en lle dar cubrición e gastaren na aventura 70000 euros dos nosos cartos parece unha burla deshonesta, colofón doutra aventura igualmente deshonesta: a política urbanística .
Certo que estamos nunha época de perda de valores que non era d´agardare. Se antes primaban as actividades promovidas por asociaciós como a de Exploradores ou, en tempo máis recén, a Acción Católica e a súa obra atlético recreativa, a OAR, desta volta estamos nunha especie de páramo estalinista, chafuldra política na que se intenta apocen os mozos que poderían reconduci-la súa curiosidade e cultura cara outra actividades relacionadas, por exemplo, coa conservación do medio ambiente.
José Antonio Rodríguez Mouriño e amigos son os grandes impulsores doutra forma de entende-la vida, na que conxuntan a organización de excursiós en bicicleta, sempre coa meta dalgúnha igrexa ou convento monárquico. Deporte, arte e historia relixiosa, eso conflúe no seu ideario, noticia d´El Correo Gallego que non deixo pasar e que podeces leer [clicando aquí]
Entrada n. 686 do blog
CONTRA O BOTELLÓN,
por Xesús López Fernandez

No hay comentarios:
Publicar un comentario