Entrada n. 704 do blog
CUXOS, XATOS, CHOTOS, por Xesús López Fernández
O pronome/tamén adxetivo cuio, con distintas terminaciós [cuio, cuia, cuios, cuias], está recollido en diversos diccionarios: nos dous Carré, no de Ibáñez, no de Eladio Rodríguez e tamén no de Franco Grande. Pero dun tempo a esta parte e botando man da cisterna portuguesa estanlle a outorgar un certo protagonismo algús dos nosos escritores á palabra cuxo, que como sustantivo ten un preciso significado. É, nada máis e nada menos, qu´o fillo da vaca. I en Guntín acaban de nacer catro nun só parto, un deles morto.
cuxo, cucho, tucho, cato, xato, terneiro, poito, pucho, xuvenco, choto, todos eles con formas femeninas. E hai máis..., porque se ten dentes de leite, denomínase mansote; con dentes grandes, pallete; o que se mata pra unha festa, chapreiro; cando vai polo ano, camoniño. E cuxo colludo é o que permanece sen castrare. Ah, e o cuxo das vacas sería o boi semental, según o Glosario de Constantino García.
A noticia do parto ven en La Voz de Galicia d´hoxe, así titulada: Una vaca de un ganadero de Guntín tuvo cuatro terneros en un solo parto, aunque uno nació muerto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario