


Pontevedra, 9.11.2008
Entrada n. 695 do blog
Entrada n. 695 do blog
VANDALISMO EN SANTA MARÍA,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Volveu o espírito arboricida a se manifestar nas actuación urbanísticas do Concello, no entorno de Santa María. Os exemplares de carballos americáns alí prantados, conformaban un espacio harmónico, elegante, alén do problema do botellón agora trasprantado á Xunqueira. A idea das luminarias que temos en Urbanismo no Concello propoñen o mesmo convertí-lo campiño de Santa María nun espacio en caída, como a abada dun monte, mentres ó mesmo tempo siguen arruinando a cidade como tal en moitos dos seus lugares i espacios naturales, como na ponte do Burgo, en Arzobispo Malvar, que foi arteria de progreso, ou a construcción da ponte das Correntes... ¿Pero qué queren, recuperar ou degradar, acabar coa progreso e co mar á vez?.
O vandalismo desta volta é como o activado na desfeita da praza da Verdura, agora unha costa; que se loce unha arboreda nova e cun certo protagonismo outonal é porque daquela se xuntaron 1188 asinaturas de protesta. A idea de prantaren alí liquidámbares estivo condicionada pola dita protesta i en base ó libro titulado "All about trees", de Ortho Books, que este que escribe regalou ó ceporro de Fole, o arquitecto que desgraciou a Pontevedra vella e que, según parece, sigue a ter protagonismo no Campillo. Pero xa hai máis dun ano que avisaba do peligro dunha actuación asesina sobre aquela arboreda. Propoñía que, incluso, a Asociación Santa María asumira un papel activo na súa defensa, porque o talibanismo instalado no Consistorio podería dispoñer unha nova morte total, como fixo coas catalpas da praza da Verdura ou, recentemente, cos castaños doutro espacio que están a desgraciar, a praza da Castaña.
Introduzo dous enlaces sobre o particular, á par que unha fotografía da arrancada do século XX, de cando o Campillo era un mirador. As árbores que se aprecian na foto, por suposto, non foron prantadas nos anos 50. Que se calen. E ós veciños de Santa María, desta volta, non lles queda o recurso de se despedire da arboreda, como se comenta no artículo tomado do Xornal.com, nen de protestar por medio de pancartas. A súa actitude, aldeáa, conecta coa dos responsables do talibanismo urbanístico do Concello.
[Faro de Vigo, 9.11.2008]
[La Voz de Galicia, 9.1.2008]
[As árbores indefensas, artículo do titular do blog, do 8.01.2007, no Xornal.com]
[La Voz de Galicia, 4.11.2008]
No hay comentarios:
Publicar un comentario