[Previa: "Que.es". El chalecito de Pepiño Blanco en la España del "vuelva usted mañana"]
[VIDEO DA URBANIZACIÓN DE VILAPSOE, EN ILLA D´AROUSA, OUTRA FORMA DE TUNEA-LA LEI DE COSTAS SECTARIAMENTE]
Pontevedra, 3.11.2008
Entrada n. 683 do blog
Artículo semanal, remitido a diversos medios.
TUNEANDO,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
A palabra tunear significa, según o diccionario da DRAE e nunha das súas entradas, “facer vida de tuno”, de pícaro ou tunante. E a dita verba andivo esta pasada semáa por diversos medios non co sentido devandito, senón como un neoloxismo derivado do verbo inglés “tune”, que significa “afinar” que, como apuntaba Antonio Burgos no ABC o 29.10.2008, refírese a modifica-la mecánica, a carrocería, os asentos, o motor, o chasis e as parvadas do moble-bar do salpicadeiro dun coche por razós de rendemento, de estética e, sobre todo, de qu´o dono poida fardar ante o persoal. Nas lideiras persoalizadoras que se lle poidan ocurrire ó propietario dun coche, a base de cartos, pódese mesmo reconvertire un Seat Ibiza nun vehículo de alta gama, pouco menos que un Rolls Royce. E seguramente nunca estivo na mente do primeiro en usa-lo vocablo pra defini-lo amelloramento do seu vehículo, cos seus cartos, que co andar do tempo a palabra “abranguería” tamén ós "tuneados" con cartos públicos, según os medios comentan dos coches de Bemach e Pérez Touriño. E tamén do de Quintana. E así, asumindo a palabra, pódese decir que tunean tanto coches como despachos.
Co país en recesión declarada, co paro agallopante da nación, resulta unha provocación que non se practiquen políticas de austoridade certa. Eso, co escándalo das múltiples “asesorias” que non-o son e se dan na Administración central ou nas diversas autonomías, diputaciós e concellos; cos ingresos blindados dese submundo, incrementados incluso no caso de Montilla ó tempo qu´a creación de novos altos cargos na Generalitat, fan qu´a xente asuma de cada volta un papel máis crítico. Cidadáns con vida laboral longa ou non tan longa din que algo hai que facer pra rexenera-la vida do país pra que non apodreza aínda máis; que resulta inaceptable que a un diputado que exerza ó longo dun só periodo parlamentario se lle reconoza a pensión máxima, coa particularidade de que moitas veces nen asiste ás sesiós do Congreso. ¿Pódese consentir éso? ¿Será a pensión dos políticos outra forma de tunea-la súa situación, ademáis de que moitas veces e pola estimación de simples signos externos, debemos considerar que fan da política unha profesión especialmente “rentable”?
A afirmación de Pepiño Blanco de qu´os políticos españoles non están ben pagos, abreu tamén novas ronchas no tecido social. Se con esa afirmación quer xustificare delirios como os citados tuneos e outros con cargo ó erario público, habería que entrar noutros particulares da situación actual: cada vez máis xentes no umbral da probeza; temos maior paro que a media europea, pero os obreiros, enxeñeiros ou mestres gañan menos, igualmente, qu´os europeos. Outra das contradicciós do señor Blanco é a de decir que a nosa crisis non é só económica, que tamén é ideolóxica, unha crisis neoconservadora. ¿De socialistas reconvertidos a neocóns?. Porque a crisis que negaban en elecciós, reconócena agora e culpan dela ós neoconservadores. ¡Pero foron socialistas os causantes da situación creada, do incremento da cifra de parados en 800000, ó longo dun ano! Dolores Cospedal, aínda hai un par de días, lembráballe ó Goberno que nel radica a responsabilidade do paro producido.
Se a cifra do paro fose a máis, chegariamos á conclusión de que os culpables serían Zapatero e os seus amigos neocóns. Pero as medidas que anuncia Blanco prá solución da crisis, unha maior “democratización”, non significan que o pobo vaia ter unha maior iniciativa, senón o contrario. Tamén habería que compara-los ingresos da súa caste cos dos cidadáns deste país, cos que teñan un análogo curriculum ou máis formación profesional pero carecen de privilexios políticos. Moitos persoaxes conocidos, xentes que están na política, ¿poderían sobrevivir no mercado libre sen a coacción política, gañarían máis ou menos? Cando a forma de gobernar dos últimos anos ven sendo un verdadeiro fracaso, coa dolor social de tanto paro e fame, non se pode pensar en discursos falaces pra tunea-lo abuso de poder existente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario