jueves, 6 de noviembre de 2008

DÚAS NOVAS SOBRE MEDIO AMBIENTE

Manuel Vázquez, en Lourizán. Foto de La Voz de Galicia.
Ence, antr´as 300 empresas que verten con autorización que podemos definir como vergonzosa, da Administración.

Pontevedra, 6.11.2008

Entrada n. 691 do blog

DÚAS NOVAS SOBRE MEDIO AMBIENTE,
por Xesús López Fernández

As noticias das que se inclúen enlaces non son esperanzadoras. Manuel Vázquez, unha vez máis, non fai de mensaxeiro de qu´as promesas de Touriño, aquel famoso "¡Ence sí, pero non aí!", vanse facer realidade.

Convén leé-las dúas novas i, en atención ós comentarios do señor Vázquez, se alguén quer amplia-la información, neste mesmo blog pode facelo, ou ben recurrindo ó blog de "meinteresalavida", o blog de
SALVEMOS PONTEVEDRA, que non practica ese "amarillismo" do que fala o conselleiro senón que opta pola vía xudicial como única esperanza de rexeneración. O amarillismo, ou amarelismo, pode ser cousa d´outros. Neste eido, os curriculums das diversas Administraciós mídense como fracasos, Tamén da propia Administración, que suspende como sentinela da nosa natureza, polo esquecemento da súa obriga de traballar na reposición da legalidade.

No hay comentarios: