domingo, 16 de noviembre de 2008

DESPOIS DE WASHINGTON [17.11.2008]

martínmorales, ABC 16.11.2008. Hai que asegura-los aforros sen agardar polos resultados do G-20.
martínmorales, ABC. Zapatero na sarkosilla. Vale máis o chiste qu´o discurso de ZP, prácticamente sen contido. A ver si é capaz de acabar cos Roldán do novo réxime, principales causantes da miseria na que se vai sumindo o país.

Pontevedra, 16.11.2008

Entrada n. 700 do blog

Artículo semanal

Despois de Washington [17.11.2008],
por Xesús López Fernández

Celebrada a reunión do G-20, Europa tocada dunha recesión xa declarada, parece evidente que do encontro de Washington non saeu, en principio, outra cousa que un acordo de boas intenciós, marcado tamén polo coidado dos alí presentes de non propoñeren políticas que puideran enconar aínda máis as diferencias existentes antre EEUU e a UE pra enfortece-la regulación dos mercados, pró que estaba previsto marcare un prazo, ata o 31 de marzo, pra que cada país vaia adoutando as súas medidas internas. Naturalmente que cada país debe administrarse libremente, con rigor e transparencia, algo que en España botamos de menos dende hai tempo. ¿Cántas cousas, cántas ruínas non se terían evitado no noso país, lider da UE en paro, con outra política fiscal e cunha transparencia real no terreo socioeconómico? Porque a crisis, aquí, ven de lonxe. Agora reconóceo o Goberno. I en Washington, Zapatero falou da crisis da economía real e da necesaria regulación dos mercados, instando ademáis ós líderes do G-20 a non esquece-lo seu compromiso coa outra crisis maior, que é a da desigualdade e a probeza no mundo.

I eso, dito poucos días despois do escándalo de ter aplicado ó pago da factura de Miquel Barceló medio millón de euros de fondos FAD prós países necesitados, non parece unha perda momentánea de memoria. Pero o home, presente en Washington gracias a Sarkozy, dixo algunha cousa máis sobre a “crisis intensa da economía global”, e pideu a determinación [carencia do seu Goberno ata o dagora] pra ver de reactiva-la economía, medidas que acaben canto antes coa crisis, e defendeu a aplicación dunha política fiscal coordinada. Tamén propuxo na súa intervención “unha nova regulación do sistema financieiro” e falou da responsabilidade dos Estados “na reactivación da economía ou no control do sistema financieiro, á vez que alertaba contra un excesivo intervencionismo”. É decir, parece que fixo un discurso lonxe da praxis da súa política económica, a que levou a España a case tres millós de parados. ¡E menos mal que deixou fóra do G-20 a soflama contra os neocón!.

Tracexáronse en principio catro líneas de actuación: Máis peso prás economías emerexentes no FMI e o Banco Mundial; Plans fiscales pra reactivaren as economías, especialmente as familiares [¿prá cándo a supresión do imposto de transmisiós sucesorias, pra cándo tamén a limitación do protagonismo fiscal dos concellos?]; Evita-lo proteccionismo comercial; Tódo-los mercados financieiros van estare estricatamente regulados. A ver, pero non parece que se poidan agardare grandes e súpetos miragres cando o que procede é entrar en cambios profundos de tipo estructural. Ésa é a opinión de Sarkozy. Bush pronunciouse a favor do libre comercio, contra o proteccionismo. I é que realmente, pra activa-los resortes da economía abonda con infraestructuras axeitadas. Pero co ladrillismo puro e duro ou a recomendación de cambiar de vehículo cada dez anos, estamos desertando de facer auténtica economía, deixamos desamparados grandes sectores do tecido productivo.

O Quintana recomendaba, lonxe aínda desos foros, sobi-los salarios pra reactiva-lo consumo. ¡Qué fácil é poñer trabanca de economista! Que no mundo da Política teñan patente de corso pra se fixare excesivos “salarios”, ou botar man dos fondos reservados como o 14.11, antes do cumio de Washington, explicaba Roldán en Telecinco, non quer decir que as empresas dispoñan desa capacidade. No mundo dos negocios, á marxe do decretado IPC, hai que obter beneficios certos; as xentes que están na Política resolven os seus incrementos e tuneos pola vía impositiva, obrigándonos a pagar máis ós contribuíntes. I esto non cambia fácilmente. É necesario sanea-la Administración, golsar, vomitar dela a corrupción, principal causa da situación creada. Queda aínda por entende-lo sentido último das promesas de ZP a Sarkozy, en agradacemento do ter levado a Washington: “¡Pídeme lo que quieras, que te lo daré!”.

No hay comentarios: