Unha das cancelas, a maiores, que marcan o terreo onde xa resulta imposible o exercicio do comercio. Aí mesmo acaba de cerrar CASA, un establecemento que parecía puxante.
Fotografía dun dos "paraugas" que están a faceren, prós do botellón, no "recinto" feiral. ¿E Costas qué fai?
O marisqueo, coidado e cos debidos controles sanitarios, pode ser unha riqueza certa. Difícil cando as cidades e industrias verten as súas miserias e venenos e non existe unha verdadeira política ambiental. Foto de La Voz de Galicia.
Pontevedra, 28.11.2008
Entrada n. 727 do blog
RECUPERACIÓN AMBIENTAL.
¿Será certo que, ó abeiro do plan de ordeación, van recupera-lo espacio d´As Correntes, o mesmo pró que están a pensaren nunha nova e innecesaria ponte?. Neste blog temos xa denunciada a actitude do Concello, a súa actitude negativa á hora de considera-la aplicación da Axenda21Local, que se refire precisamente á recuperación do capital natural.
[La Voz de Galicia, 28.11.2008: Consellerías e ministerios terán de faceren mudanza na Xunqueira d´Alba]
NOVA ORDENACIÓN VIARIA
O Concello, despois de ter aganado á cidade, de arruinala con saña, de deixala privada de arterias, de eliminar 2500 prazas de aparcamento en superficie, vese obrigado a introducir cambios que non han valer pra nada.
En La Voz de Galicia está aberto un debate e alí alguén, moi cáustico, di te-la solución: Cando estos se vaian. Pero a estos hai que botalos i eso só se pode facer por medio dun partido que prometa acabar coa política de baldoseo aldeán do BNG e se comprometa a abrir de novo as vellas arterias: Benito Corbal-Michelena, con conexión a Arzobispo Malvar i Echegaray; Augusto G. Besada-Riestra-praza de España-Arzobispo Malvar; Cobián Roffiñac-Daniel la Sota-Peregrina-Estrada de Vigo. Potencia-lo protagonismo de Sagasta ou da actualmente chamada Lores de Arabia (General Mola), básicas pra unha verdadeira permeabilización do tránsito e revitalización do tecido comercial, etc.
[La Voz de Galicia, 28.11.2008: Pontevedra afronta unha novva ordeación viaria que afecta a 15 rúas]
COSTAS SIGUE CO DESAHUCIO DA FAMILIA ABOAL
Tocado este tema nunha entrada recén, pergúntome cómo se pode xustifica-la obra qu´o Concello está a facere na Xunqueira pra amparo dos do botellón. ¿Cara ónde mira Costas?
[La Voz de Galicia, 28.11.2008: Costas decreta el desahucio....]
AS COFRADÍAS QUÉDANSE SEN MARISCO
Sen marisco ou con marisco contaminado levan moitísimos anos, sen que Sanidade entrase neste asunto a fondo. A orixe da contaminación está clara. E tamén o compadreo político cos recheos feitos pra lle facilitaren solares, gratis total, a certas industrias non relacionadas co mar. Por exemplo Gonvarri, cerrada en Cataluña por contaminación con zinc e cadmio, outra forma de traballa-la Xusticia, cos nosos políticos "ecoloxistas" mirando pra outra parte. Agora parece incluso que lles corre presa por consolidar Lourizán como solar.
[La Voz de Galicia, 28.11.2008: As cofradías estiman qu´os recheos do porto eliminan 300 postos de traballo]
Entrada n. 727 do blog
VARIAS NOVAS PONTEVEDRESAS,
por Xesús López Fernández

No hay comentarios:
Publicar un comentario