jueves, 20 de noviembre de 2008

TALIBANISMO LINGÜÍSTICO

Parece moito equipara-lo Parlamentiño galego a unha Torre de Babel, pero "babel" sí qu´o hai. Polo protagonismo dos talibáns nazionalitaristas.

Pontevedra, 20.11.2008

Entrada n. 710 do blog

TALIBANISMO LINGÜÍSTICO,
por Xesús López Fernández

Permanece o BNG coa súa cruzada por lle cambia-lo nome a Galicia. E así, a propia RAG, que tragou no seu día as novas normas, parece non ter autoridade pra poñer un pouco de orde na leria do idioma, que morre día a día. Mellor que se disolva.

Raro é o día no que a Mesa non bota novas soflamas coa intención de facer máis e máis presentes as normas da deriva talibáa. E nesa línea, o novo apóstolo dos nazionalitaristas parece se-lo "Benito Lobera" que, en contra do afirmado pola Academia Galega, por medio de escrito a Ánxela Bugallo, no sentido de que o nome do país é Galicia, sigue co seu rifirrafe, como un relo ou cantaruxa, a manter indebidamente, como os seus conmilitós, o uso do Galiza talibán. Xa a Ánxela tivera agachada a carta da RAG, nun caixón, tres meses. E aí siguen coa súa "cruzada", á par que se cargan o idioma salvado pola oralidade.

O PP denuncia esta actitude e, como consecuencia, os estalinistas volvéronos botar, onte, do Parlamentiño, según información de La Voz de Galicia. ¿Cómo se entende? Sigue o enlace:

[La Voz de Galicia, 20.11.2008]

No hay comentarios: