viernes, 7 de noviembre de 2008

NOVAS NA CIDADE DA CULTURA

A conselleira Bugallo co seu destituìdo colaborador. Mala cara, parece qu´o mandiño se acaba.

Pontevedra, 7.11.2008

Entrada n. 693 do blog

NOVAS NA CIDADE DA CULTURA,
por Xesús López Fernández

Seguimos coa falta de transparencia en relación co que se está a facer coa Cidade da Cultura, e o que comezou sendo o "escándalo Fraga" desta volta vólvese "escándalo BNG", ou si se quer "escándalo Bugallo", quen acaba de destituir á súa man dereita por se opoñer á privatización do ente, ou do monstruo se así o queredes chamar. A seguido, parece que o "negocio" queda nas mans do chamado "clan d´A Habana", con referencia á viaxe que a Cuba fixera a conselleira coa súa corte. Cuantiosos gastos permanecen a día d´hoxe sen explicar.

[Informa da destitución e outros particulares El Correo Gallego, 7.11.2008]

No hay comentarios: