martes, 18 de noviembre de 2008

A PRAZA FASCISTA


Pontevedra,18.11.2008

Entrada n.707 do blog

A PRAZA FASCISTA,
por Xesús López Fernández

O tema xa foi tocado en máis dunha ocasión. Mesmo neste blog debe estar recollido algún traballo a non ser que permaneza aínda antre os non recuperados, labor no que levo parado algún tempo.

¿Pero por qué o título referido á praza da Ferrería de Pontevedra? Pois pola intención de arrasala manifestada polo equipo de goberno local que, so pretexto de facer nela un gran parking, eliminarían os xardíns e gañarían espacio pra algunha soñada concentración, puño en alto os convocados. Quedaría o espacio como un todo ermo según a idea daquela barallada, según deseño de Fole, o arquiteuto ideólogo e, como dí Caín, a ideoloxía pode ser mellor abono qu´o esterco. Arturo Ruibal tivo ocasión de indicar, nunha das súas colaboraciós, que esa sede polos espacios así configurados era moi propia das xentes do Fascio, tamén dos estalinistas, haberá que decir.

La Voz de Galicia lembrou o soño dos talibáns no poder local con data 9.11.2008, como fixo tamén hai agora un ano, pra concluíren que se trata dun espacio noble intocable e que o que alí se fixo non foi máis alá dun redeseño dos xardíns, da eliminación dos setos que sí beneficiou ó espacio todo, o que temos que lle agradecer ó PSOE, que sen embargo está a avalar ó BNG noutras actuaciós urbanísticas negativas prá cidade, paralizantes.

Certo que se pode mellora-lo aspecto da praza, pero permanecen en distintos puntos da mesmo os buratos dos sondeos feitos pra veren se o chan podería soporta-la construcción do parking.

A Ferrería, ¿praza fascistas?. De momento, non, gracias.

Siguen dous enlaces do dito polo citado xornal.


[La Voz de Galicia, 9.11.2008: Un espacio noble intocable]

[La Voz de Galicia, 9.11.2008: A Gran Ferrería se limitó al rediseño de los jardines de San Francisco]

1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Quixeron reconverti-la praza da Ferrería en praza fascista. Case a reventan. Actualmente siguen a fozaren nela, retocando o modelo granichán de cidade.
Pero sí deseñaron outra gran espacio como largo fascista, a praza do Concello, a chamada praza de España.