Mingote, ABC, 10.11.2008. Zapatero, presidente de l´Espagne, ensaia a Marsellesa.
[Zapatero pedirá un "novo rumbo" cara unha economía "máis xusta". Noticia de Libertad Digital.]
[Zapatero pedirá un "novo rumbo" cara unha economía "máis xusta". Noticia de Libertad Digital.]
martínmorales, ABC, 10.11.2008. Sarkozy fai posible, e con qué traballos, levar a Zapatero a Washington.
-
"Pintar la mona". Así titula Ignacio Camacho o seu artículo do ABC, 11.11.2008, no que denomina a ZP Gran Reformador Socialdemócrata Ilustrado. [Convén leélo]
[Novas piruetas de ZP, ABC, 13.11.2008, por Valentí Puig]
-
"Pintar la mona". Así titula Ignacio Camacho o seu artículo do ABC, 11.11.2008, no que denomina a ZP Gran Reformador Socialdemócrata Ilustrado. [Convén leélo]
[Novas piruetas de ZP, ABC, 13.11.2008, por Valentí Puig]
-
Pontevedra, 10.11.2008
-
-
Entrada n. 696 do blog
-
Artículo semanal publicado no Diario de Pontevedra e no Xornal.com.
-
O encontro de Washington [11.11.2008],
por Xesús López Fernádez
-
por Xesús López Fernádez
O noso presidente, á fin, vai estar en Washington o próximo sábado. A presencia, despois de tantas promesas de ZP de que España sí ía contar con voz en Washington, faise posible pola cesión de Francia dunha das sillas coas que conta este país, se ben é a Bush, o anfitrión, a quen corresponde, en diálogo coa UE, toma-las oportunas decisiós. O noso presidente fala de que España ten gañado terreo na escea internacional; mais, prudentemente, di que o concurso de España ó G-20 representaría o reconocemento obxetivo do que somos. Pero o 8.11.2008 aínda faltaba a carta de invitación da Casa Blanca, a anfitriona do encontro. E ten razón Sarkozy ó decir que a octava economía do planeta debe estar na anunciada cita. Teremos ocasión de ver cál pode se-la aportación real da delegación española, a representante dun país que ronda xa os dous millós de parados e no que non se telumbran recetas próximas pra asumir un cambio real de modelo económico.
-
O papel de España no encontro aparece en principio como un tanto nebuloso, porque son xa moitos anos sen política económica real nen oposición política digna de tal nome; cunha sociedade civil contra as cordas, aganada decote cunha maior presión fiscal. Cun panorama de ruína por non se ter gobernado con realismo, dende algún medio crítico e censurando a teima de Zapatero por estare en Washington, Esteban en La Razón dibuxaba un grupo de parados ante o INEM, que portaban picos e pás, francadas e fouces como inútiles ferramentas de traballo, á par que titulaba o espacio: “Zapatero pide asilo político en la cumbre del G-20”. Solerte, renarte, pero non tanto como a secretaria de Emprego, Maravillas Rojo, que ofreceu unha visión “positiva” da crisis, porque agora son necesarios novos perfiles na clase traballadora: “auxiliares de cociña pra comedores de beneficencia” e “pintores de edificios da clase obreira”. “Os parados aficionados ó alpinismo poderían limpar fachadas”. Parece unha burla do caos ó que ten chegado o país no que se debateu a fondo sobre o dislate autonómico, pero non sobre a reconducción do desastre.
-
Zapatero felicitou a Obama, ó home que na súa viaxe a Europa non tocou España e que, despois do seu triunfo, mostrado a todo o mundo como un éxito da democracia daquel inmenso país, anuncia xa medidas pró rescate da clase media. Terá que forma-lo seu equipo pra propoñere, en principio, dous paquetes económicos sobre os que está xa a traballare con algús líderes do Congreso: o primeiro deles, de 100.000 millós de dólares a discutir baixo a presidencia de Bush; no segundo, moito máis amplio, recollería os recortes de impostos prometidos á clase media na campaña. O panorama co que se terá de defrontar foi definido como dantesco porque EEUU ten agora a maior cifra de parados dos últimos 14 anos, un 6,50%. Pero Obama, que conta en principio cun equipo asesor de 17 persoas do mundo da empresa, as finanzas e a política, non ten previsto estar na reunión do G-20.
-
Se a viaxe a Washington non vai supór un cambio de mentalidade e un defrontamento realista coa situación de crisis que vive o noso país, mellor sería que non fose alá Zapatero, porque o problema, a fixación doutro modelo económico, non precisa de tantísimo debate encanallado como se está a dar sobre “memoria histórica” e levantamento de fosas; sobre abortos i eutanasia, etc. Non se debate sobre as posibles bulsas de corrupción política nen a necesaria reconducción do sistema autonómico, convertido en problema real no que agora asoma unha nova perla do aldeanismo tribal: A Generalitat estrea un ciberxogo que castiga por falar en castelán... En fin, prefiro releé-lo discurso de John McCain, do 4.11: “O pobo estadounidense falou, e falou claro..” O home dixo que acababa de conversar con Obama pra felicitalo. Discurso que rematou decindo: “Loitamos…. e quedamos atrás, pero o fallo foi meu, non de vostedes…”. En fin, outra forma de entende-la política. E de ser elegante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario