Pontevedra, 3.11.2008
Entrada n. 685 do blog
Estos pasados días houbo movida de representantes do comité de Ence. Falaron con Lores pra máis do mesmo, pra qu´o alcalde permanece coa súa historia inacabada de que Ence non pode ter cabida na ría de Pontevedra, nen no concello tampouco. E así as cousas, o concello sigue demostrando a súa total impotencia pra consegui-la reposición da legalidade, o desterro do dominio público marítimo terrestre de Lourizán das fábricas que hai xa tempo carecen de concesión ou que nunca tiveron nen tan siquer licencia municipal, como é o caso de Holcim.
Qu´o Concello non queira ir pola vía xudicial en moitos destos temas é demostrativo da súa probeza de miras, de qu´o seu discurso non é outra cousa qu´unha falaz serie de lerias sobre ecoloxismo ou desenvolvemento sostible.
Teñamos presente qu´o señor Lores, conselleiro da Autoridade Portuaria, sabe que Tradepana e Gonvarri dispoñen hoxe de solar gratis total nos recheos de Marín-Pontevedra. E non se molla por ver de conseguir qu´a sentencia firme de derribo de Tradepana, do TSXG, sexa executada.
En fin, son estas cousas que xa están ditas nalgún espacio deste blog, por activa e pasiva. Pero hoxe imos inseri-lo enlace da noticia que dá o Faro de Vigo en relación coa perda de protagonismo do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, que comunica que, en diante, vai se-la consellería de Economía e Facenda a que vai leva-lo tema do posible traslado de Ence. É decir, catro anos moendo café, a demostraren cómo se xoga coa opinión pública e se incumpren as promesas electorales. Ah, no fondo da noticia soergue o protagonismo dos virandelos, dos aeroxeneradores.... Qué raro! Ou non tan raro.
Vede a nova do Faro de Vigo, 3.11.2008. [Clicade aquí.]
DERIVA DUNHA IMPOTENCIA,
por Xesús López Fernández

No hay comentarios:
Publicar un comentario