domingo, 30 de noviembre de 2008

CRISTINA PATO

Cristina Pato, actualmente en Nova York.

Pontevedra, 30.11.2008
Entrada n. 729 do blog

CRISTINA PATO,por Xesús López Fernández

A nosa gaiteira leva xa catro anos en Nova York. La Voz de Galicia desta data, ó tempo que fai unha visión retrospectiva do que representou a rapaza no panorama artístico galego, a gaiteira dos pelos de colores, que xunto coa Seivane aviveceu o noso folklore.
Nacida en Ourense no 1980, aínda é unha moza. Pero ten pinta de executiva según a describe a crónica. Pero no seu maletín non viaxa nengún ordeador, non; viaxa unha gaita, unha Seivane coa que este pasado martes participou nun acto organizado polo ministerio de Igualdad.
As cousas cambiaron moito pra Cristina, que en Nova York é tratada como doutora i está por asuntos maiores. Pero mellor leé-la crónica de
La Voz, clicando aquí.

No hay comentarios: