domingo, 16 de noviembre de 2008

AMEAZADOS POR COSTAS

A José Antonio Aboal e familia, na foto de La Voz de Galicia, Costas ameaza con lles derruba-la casa, mentres consinte o que na Illa d´Arousa estean a construire os promotores de Villa PSOE.

Pontevedra, 16.11.2008

Entrada n. 701
AMEAZADOS POR COSTAS,
por Xesús López Fernández

La Voz de Galicia do 15.11.2008 informaba de que unha familia que reside n´O Burgo, Pontevedra, está ameazada por Costas, que lle queren derruba-la casa.

Eso acontece coa xente homilde. É posible qu´a casa estea en zona afectada. Unha orde xudicial autoriza a Costas a entrare n´ela que, de pranta baixa, foi construída no 1929. O propietario actual leva vivindo alí dende hai 42 anos, algo que demostra por medio da correspondente escritura notarial de compraventa. Está ó día no pago da contribución urbáa.

¿Cómo se entenden estas agresiós ós homildes ó tempo que se deixou construire ó longo da Avda. do Uruguai? ¿Cómo non se actúa, dunha puñetera vez, en relación coa casa de Carmen Gallego, en Vilaboa, sobre a que existe sentencia firme de derribo? ¿Pra cándo o derrubamento do chalé do antiguo concellal de Urbanismo de Sanxenxo, no sistema dunar d´Areas, con sentencia firme do TSXG? ¿Pra cándo a actuación exemplar que moitos agardan en relación cos disparates de Sanxenxo? ¿Pra cándo, tamén, a anulación das concesiós presuntamente caducadas de Ence, Elnosa, ou Holcim, que nunca existeu? ¿Pra cándo a prohibición de permaneceren co enclave da edar d´Os Praceres, ilegal total e, nesa óptica, delincuente o propio Concello? [Vede a Lei de Costas, art. 44.6]
[Noticia de La Voz, 15.11.2008]

1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Os señoritingos de Vila Psoe xa remataron a súa urbanización.
Haberia que lle abri-las tripas a todo o procedemento, porque hai outras culpas.