Teño que agregar moitas máis fotos d´Asís a este blog. E dos outros lugares visitados. Eu, que defino este blog como ácrata, independente, crítico e católico, estou a seguir unha marcha un tanto desordeada, pero recente aínda unha entrada sobre "Apuntes dunha viaxe", na que xa insería algunhas fotos de Florencia [teño un fondo maior e seguramente máis logradas algunhas delas qu´as xa mostradas], torno sobre aquel momento marcado polo frío intenso, pola neve, ó que xa me teño referido.
Foto do abrente, da alborada do 21.03.2009. A neve comezara o día anterior a branquexa-la paisaxe. Avisaba dende a nosa sobida dende A Porcíuncula.
Outra foto dende a habitación do hotel San Pietro que nos acolleu aqueles días.
Nova foto dende o mesmo esculcadoiro.
Nesta aínda se aprecian coches aparcados, cobertos de neve, coas prazas marcadas [clicade nas fotos pra velas a maior tamaño]. É algo que me chamou a atención en Asís: o aparcamento frecuente, tráfego incluso, seguramente reservado prós residentes. E Asís, a Cidade da Paz, é patrimonio da Humanidade.
Outra vista dende o hotel.
As folerpas fanse visibles neste fotograma.
Este vídeo corresponde a unha toma do temporal que nos impediría sobir ó monte Alvernio, o lugar onde San Francisco recibeu os estigmas, un dos referentes principales na vida do Santo Patrón de Italia.
Outro video correspondente ó momento no que demos volta cara Florencia.
-
Pontevedra, 9.04.2009
-
Entrada n. 902 do blog

ADEUS A ASÍS, CON NEVE,
por Xesús López Fernández
-
O non poder sobir a La Verna representou unha verdadeira frustración pra todos nós, desexosos dunha maior comunión coa idea franciscáa. Téñase presente que o monte Alvernio corresponde á Italia sinxela e probe, máis sedenta do divino, espírito encarnado en San Francisco.
-
Véxase este enlace: Humanidade e italianidade de San Francisco de Asís, por A. Gemelli.
No hay comentarios:
Publicar un comentario