jueves, 9 de abril de 2009

CHAVES E ZARRÍAS

Puebla, no ABC, 10.04.2009, non dubida en meter na ola ós novos, ós cambiados, a Zapo e a F. de la Vogue. ¿Qué armario non terá a muller neste tempo de crisis? (clicade no dibuxo pra velo ampliado)
martinmorales, no ABC, dibuxa así a arribada de Chaves ó Goberno español, unha vez nomeado vicepresidente terceiro. Con el trae a parte do seu equipo, antre eles ó seu segundo Zarrías, no que hai tempo viña descargando moito traballo, convertido Chaves xa nunha figura inane, sen outra conexión co felipismo qu´o seu acento andaluz, pero aínda con menos gracia, gobernando en base, fundamentalmente, ó voto "subvencionado". Idígoras e Pachi, en El Mundo, critica igualmente o trasvase do andaluz coa súa familia, que fai desfilar ante uns asombrados F. de la Vega, Zapo, Pepiño Blanco e Rubalcaba.
-
Pontevedra, 9.04.2009
-
Entrada n. 901 do blog
-
CHAVES E ZARRÍAS,
por Xesús López Fernández
-
Resulta qu´o ascenso de Chaves representa tamén o ascenso do seu segundo Zarrías, vicepresidente da Junta andaluza. Como comentario deberían abonda-las caricaturas inseridas, pero quero determe máis no dibuxo de martinmorales, que presenta a Zarrías semitapado, atobado na carteira do novo vicepresidente.
-
Pois ben, resulta que o tal Zarrías, como Pepiño Blanco, tamén ten ático no residencial PSOE da Illa d´Arousa. Zarrías ven a ser, según as miñas fontes, fillo dun antiguo representante dunha conserveira daquel lugar. A súa inversión ven representar, pois, un certo atavismo.
-
-
DiariodeCádiz.es: El sheriff era Zarrías.

No hay comentarios: