O caos normativo promovido pola casta parasitaria política, capaz de acabar co patrimonio cultural do país.
Acabouse o touriñismo. Agora, despois do congreso celebrado, é Pachi Vázquez o novo líder do PSdeG, arroupado por José Blanco e por Rodríguez Zapatero.
Acabouse o touriñismo. Agora, despois do congreso celebrado, é Pachi Vázquez o novo líder do PSdeG, arroupado por José Blanco e por Rodríguez Zapatero.
-
Ponteveda, 16.04.2009
Ponteveda, 16.04.2009
-
Entrada n. 916 do blog
Entrada n. 916 do blog
-
PACHI VÁZQUEZ E A LINGUA GALEGA,
por Xesús López Fernández
-
Non parece que Pachi Vázquez o vaia ter fácil. Aínda que arroupado por José Blanco, que xa no ano 2004 quixo acabare co touriñismo; anque mesmo se vexa afortalado por ZP, o certo é que comeza un tempo difícil pró socialismo galego.
-
Parece que ó home non lle falta ilusión, pero na remontada que quere promover ata o punto de afirmar que aspira a gobernar en Galicia sen apoio de coaliciós, hai moitas cousas que debería ter en conta.
-
Non gañou tanto Alberto Núñez Feijóo como perderon BNG e PSdeG, por mal gobernar ó longo de catro anos de crispación sen verdadeira política destinada a soerguer a este país cada día máis arruinado. A súa política foi continuísta en relación co "desastre Fraga" de anos anteriores, e a xente votou contra eles.
-
Pachi Vázquez practicou, no seu eido de Medio Ambiente, unha mala xestión; careceu dun claro Norte e moveuse antre as dúbidas e a mentira franca. Eso que puido contribuir a lle dá-la volta a moitas cousas que estaban en caída libre: defensa do litoral, acuicultura, defensa da gandería, profundizar na creación dun claro plan de residuos sólidos urbáns. As súas continuas trolas en relación coa ilegal Ence ou coas depuradoras da beiramar impedíronlle comprender que a propia Administración autonómica estaba a se comportar delincuentemente.
Non vou facer un análisis polo miúdo do seu pasado labor e simplemente quero precisar algo en relación cunhas frases que pronunciou con respecto ó idioma galego como sinal de identidade, pró que propón o necesario consenso. Censura a Núñez Feijóo por avala-la rotura dese consenso, porque o "idioma é o principal signo de identidade dos galegos". Érao, señor Vázquez, pero o galegués inventado pola casta parasitaria da UPG ven sendo, a súa práctica, como unha sementeira de cinza.
Pra min é evidente que hai tempo que se perdeu a sintonía coa sociedade que fala unha lingua distinta da que aparece nos discursos dos políticos, emanada a consecuencias das Normas do Diktatt. Desas normas naceu unha auténtica antigramática, un sistema de deconstrucción da fala galega. E a identidade co idioma enxebre terá que buscala a propia sociedade civil á marxe dos ayatolas que queren mata-lo idioma decote un pouco máis.
Acabar coa Lei de Normalización Lingüística, clausura-lo garapito da Mesa pola Normalización, é urxente. Non se pode deixa-la lingua nas mans da UPG, como base fundamental pró seu exercicio do despotismo político. Eso é así de claro. E como o mundo aínda non acaba, haberá ocasión de volver sobre este tema e de agradecerlle a Núñez Feijóo as súas promesas si éstas cristalizan en logros certos. A sociedade civil detesta o idioma nacido das normas do Diktatt. Decátase de qu´o idioma perdeu a súa frescura, o sabor a pan fresco que decía Cunqueiro. Mellor que metan as normas de novo no forno, ata que se queimen. O que deben procura-los políticos, en todo caso, é sintonizar coa sociedade pra retoma-la lingua popular con tódo-los seus rexistros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario