Entrada n. 904 do blog
LORES, INSTALADO NA MENTIRA,por Xesús López Fernández
Esta entrada garda relación cunhas declaraciós feitas polo alcalde de Pontevedra a diversos medios, nas que se aprecia que aínda non se dacatou de que son un partido en regresión. Como aquí, de momento co contubernio do PSOE que pode liquidarse en poucos meses, pensan que siguen a faceren cidade, que son mesmo un escaparate de boa xestión, chegaron á conclusión de qu´a xente non pensa e dá por bo o que levan feito. Se abriran ben os ollos, e os oídos, verían e oirían caer maldiciós como chuzos con punta ferrada. E afiada.
No Diario de Pontevedra e tendo en conta que o concellal G. Vázquez tenta asumi-la dirección da UPG marxista leninista, chega decir que, naturalmente e polo feito en Pontevedra é normal que as xentes a el próximas pulen no partido. Que queiran promover desta volta a Vázquez é demostrativo do deterioro do partido, de que xa non contan con xente.
Inclúo o enlace da noticia dada por La Voz de Galicia. E non reproduzo nengunha parte do seu discurso porque está en galegués, o trampitán da deriva lusista inventada nos laboratorios da UPG i embuchado pola RAG do señor Barreiro. Non sóo se cargaron Pontevedra; queren cargarse o idioma.
O señor Lores aínda ten proiectos [en galegués, proxectos] pra Pontevedra porque non completaron o seu labor de ruína total da cidade, enchousada por medio de mosquerós ou barrotes carcelarios, novo Gulag no destino do seu ideario:
1. Cero en urbanismo e comunicación, parece que das rúas reformadas na zona vella sóo se salvan San Román e Manuel Quiroga.
2. Non souberon fixar poboación nos espacios que foron tocando coa súa política de baldosa, non apta nen prós skaters.
3. O comercio conoce decote novos cerres. E agora, como mostra do traballo mal feito en torno ó Mercado de Abastos, a falta de previsión á hora de potenciar aquel espacio, digamos que ós locales abandonados súmase un novo cerre: o da sucursal de Banco Pastor na rua César Boente, na fin deste mes.
4. Se a burla da urbanización con pedra mala; da desfeita de espacios emblemáticos como a praza da Verdura por non teren outra asistencia técnica que a de Jesús Asier Fole Osorio, representou pra eles o devalo cando creían que ían sobrados, desta volta i extrapolando os datos das autonómicas obterían unha representación municipal de sóo catro concellales.
5. Fracaso en Ecoloxía. Sendo esta tenza, a da Ecoloxía, algo do que sempre presumiron, o que desta volta está claro é a súa impotencia pra compriren coas promesas, algo rubricado cando están a levaren a redacción do novo PXOM cun secretismo obsceno, sen teren en conta a necesaria redacción da Axenda21Local. ¿Pero ónde coño está a súa democracia?
6. Sempre estiveron a trampear por medio das asociaciós nas que conseguiron infiltraren espías, comisarios políticos, que en principio acadaron pra eles apoios, pero que agora non son outra cousa que unha vulgar estadea ou rolda, de santa compaña. Todos eles, como xa teño dito neste blog, poden acodiren ant´o novo escudo funeral da cidade prá súa danza ritual no entorno do Teatro Principal, a irmanarse cos cipreses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario