Clicade nas dúas fotografías pra reparare no que se vai gastar [máis de 130 millós das antiguas pesetas] nunha obra promovida pola concellería da cousa económica, que pode resultar completamente inútil.
O baixo vai quedar choído, o que me parece ben, pois era un recanto de miseria dende que retiraran as mamparas por imposición de Pilar Rojo, a rebufo do feito polo Bloque coa praza da Verdura, despois de Mosquera enviar á Policía Local castigada ó auditorio. O Bloque quixo reconverti-lo espacio nun escenario prá súa nova praza roxa, a vella praza da Verdura. Total, pasou o que pasou: dormitorio d´indixentes, mexadoiro, feira do mel e das filloas ou lonxa do rastro dominical [ás veces de receptadores, incluso obxetos roubados, xa me entenden], o novo modelo económico pra unha zona que morre.
-
Pontevedra, 16.04.2009
-
Entrada n. 908 do blog
-
LOURO, DELEGADO DO GOBERNO,
por Xesús López Fernández
-
Louro parecía tomarse en serio o cometido a el encomendado, a Economía. Non lle nego a boa intención ó tentar mellora-la zona reconvertindo a Casa da Luz en oficina pró turismo [Turismo de Pontevedra - Terras de Pontevedra], pero dubido que sirva pra nada o que alí están a faceren nesa especie de comecartos [meses xa de obras, parece como se estiveran a derrubaren incluso paredes recén feitas].
-
Outra das medidas propostas por Louro foi a de concentra-la actividade comercial do Mercado de Abastos na pranta baixa [sen saberen a qué van dedica-la pranta alta], porque a zona morre.
-
Morre porque a mataron e, baixando dende a praza das Galiñas ata o mercado, César Boente mostra cerrados 9 locales cando se dispón a suspende-las súas actividades nese lugar o Banco Pastor, unha oficina que viña ser un pouco o Banco do Mercado.
-
Pola rúa Sierra, á dereita, tamén agallopa o cerre de locales, outros oito ou nove [recén un de Froiz, The End, outro de conxelados e cando se vai completa-lo traslado da oficina de Caixanova á Cruz Vermella]. E o museo, ese gran caixón sobrado de volume non vai facer de revulsivo económico.
-
Todo procede da miseria inserida na zona, privada de aparcamentos en superficie, derivado o fluxo do Burgo cara a Barca e Carrefour. Restauraron, sí, a zona correspondente a Mercaplaza, pero a outra esquina da súa fachada mantén as baldosas de botós e a fosa aberta no muro das lamentaciós, que se corresponde, curioso, con tres tendas cerradas.
-
En fin, resulta certo o xa dito neste blog [citando a Álvaro Siza, arquitecto portugués de sona mundial]: a miseria peatonalizadora, os graffitti nas fachadas, no propio mercado; o medo a entrar na zona vella, de noite.
-
En fin, coido que Louro e Teresa Casal terían antes que ter falado con residentes dispostos a lles expoñe-los problemas reales que non coas persoas que actuaron como comisarios políticos pra instauraren aquí o "modelo Allariz".
-
De tódo-los xeitos deséxolle a Louro sorte no seu novo destino. E non esquezo que nalgún momento falou da recuperación de Lourizán, con información de primeira man que lle foi facilitada. Pero a lección tíñaa, pra mín que sí, esquecida dende hai tempo, como o seu xefe Touriño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario