O Tribunal Supremo afirma qu´os cidadáns non poden denunciare ó Goberno. Algo cheira mal en todo ésto.
-
Pontevedra, 10.04.2009
Entrada n. 903 do blog
VERGONZA DE XUSTICIA,
por Xesús López Fernández
-
Vergonza de Xusticia, que dí qu´os cidadáns non podemos denunciare ó Goberno, que non podemos xudicializa-la política; ¿pero poden os políticos politizar, instrumentaliza-la Xusticia? ¿Sí, non? Porque hai anos que eso está a acontecer. Proba de qu´a Xusticia perdeu a súa independencia é esta afirmación d´agora.
-
Os cidadáns vemos claramente cándo a Política se corrompe pola actuación dos que teñen o mandiño, cando a gobernación dunha autonomía ou dunha cidade se convirten en pura mafia, os mangantes a recolleren beneficios na chafuldra ou tremedal de merda, deseño final da súa actuación. Ese parece o destino, a corrupción que devén do exercicio do poder pola casta parasitaria. E nese momento, tal como aconsella a Constitución ou a Lei de Costas, os cidadáns debemos estar capacitados pra exercere como acusación popular.
-
Siguen enlaces:
-
-
La Voz de Galicia: O Supremo di qu´os cidadáns non poden denunciare ó Goberno. ¿Aínda qu´o Goberno se esgace por presuntas ou non tan presuntas corrupciós, por se ter convertido, se cabe, nun simple instrumento dos clústers, por trascender nalgunhas das súas disposiciós un claro incumprimento das leis e do Dereito internacional, ou por se pór en evidencia a retocada man de actuaciós mafiosas?. ¿É que no-nos vai queda-lo amparo da denuncia do que alcatrea, do que malcheira?
No hay comentarios:
Publicar un comentario